sábado, 29 de noviembre de 2014

Partidazo ante o Sporting Carballiño


Chega o terceiro clasificado ao campo dos Remedios. O equipo carballiñés está nun gran momento de forma e está en postos de ascenso despois de golear a semana pasada ao Barra de Miño por 5-1. O partido comezará as 16,15 horas do domingo 30 de novembro.

E o segundo equipo máis goleador da categoría con 37 goles, só superado por nós. No seu campo da Uceira é onde se mostran máis fortes. Fóra da casa gañaron dos partidos (Razamonde e Piñor, ambos por 0-1), empataron en Ribadavia e perderon dous (Palmés por 4-1 e Arcos por 2-1). Son un equipo xove e con xogadores moi rápidos na dianteira. Un rival complicado que intentará impedir a undécima vitoria dos homes de Antonio Dacosta.


Respecto ao Sporting Carballiño dicir que o club fundouse no ano 2012, sendo esta a súa terceira tempada na 3ª Autonómica. O clube xa existiu con anterioridade. Na súa primeira época, que abarca de 1989 a 1996, o clube tivo un ascenso e un descenso meteórico. Con tres ascensos seguidos xogou na Rexional Preferente na tempada 1992/93. A caída tamén foi vertixinosa, desaparecendo en 1996.

Para tratar de obter un novo triunfo Antonio Dacosta convocou para este encontro a Cristian, Cristian Fernández, Diego Soto, Fabio, Fran Álvarez, Héctor, Julio Álvarez, Lucas Nieto, Ramón Dacosta, Roberto Almeida, Roberto Dacosta, Santi, Valderas, Víctor Arias, Xaco e Xurxo.

A boa nova é o regreso de Ramón Dacosta, totalmente recuperado das súas molestias, e as malas novas son as baixas por lesión de Adolfo, Chechu, Julio Salgado e Toni. 

O once máis probable que salte ao terreo de xogo dos Remedios é o formado por Cristian; Julio Álvarez, Xurxo, Ramón Dacosta, Lucas Nieto; Fran Álvarez, Diego Soto; Cristian Fernández, Roberto Dacosta, Xaco e Roberto Almeida. Según esto Ramón Dacosta recuperaría o seu posto no centro da zaga, ao igual que Fran Álvarez no centro do campo. Debido as baixas dos dianteiros Julio Salgado e Chechu sería Roberto Almeida o que ocuparía a punta do ataque, entrando Cristian Fernández na banda dereita.

No banco esperarán a súa oportunidade Héctor, Fabio, Victor Arias, Valderas e Santi.


No hay comentarios:

Publicar un comentario