viernes, 7 de noviembre de 2014

Xaco recibiu o trofeo como "Mellor xogador do mes de outubro"

Carlos Domarco (Galiciadeportiva), Xaco, Miguel (Café Bar Miguel)
e Modesto Garcia durante a entrega do trofeo

A afección decidiu que Xaco foi o mellor xogador da Unión Deportiva Ourense no mes de outubro e onte entregouselle o trofeo, donado pola web Galiciadeportiva, que así o acredita. O acto tivo lugar no Café Bar Miguel, patrocinador do evento, e contou coa presenza de varios medios informativos da capital.

Xaco superou na votación a Adolfo e Xurxo, converténdose no primeiro xogador que recibe este galardón. O extremo dereito estase a converter nun dos pilares do equipo. Rompe con velocidade e calidade as defensas rivais, demostrando ademáis un gran olfato de gol. Leva anotados oito goles no que vai de campionato ligueiro, con dous hattrick ante Ath. Razamonde e Piñor.

Durante o mes de outubro o galardonado foi titular ante o Arcos, Salamonde e Piñor, non puidendo acudir a cita ante Os Chaos. Nestes tres partidos anotou catro goles. En Salamonde sentenciou o partido co terceiro tanto e ante o Piñor deu todo un recital anotando tres goles (marcou os dous primeiros e o quinto) e dándolle unha asistencia a Roberto Almeida. Méritos máis que suficientes para facerse coa distinción a ollos da afección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario