sábado, 29 de noviembre de 2014

Partidazo ante o Sporting Carballiño


Chega o terceiro clasificado ao campo dos Remedios. O equipo carballiñés está nun gran momento de forma e está en postos de ascenso despois de golear a semana pasada ao Barra de Miño por 5-1. O partido comezará as 16,15 horas do domingo 30 de novembro.

E o segundo equipo máis goleador da categoría con 37 goles, só superado por nós. No seu campo da Uceira é onde se mostran máis fortes. Fóra da casa gañaron dos partidos (Razamonde e Piñor, ambos por 0-1), empataron en Ribadavia e perderon dous (Palmés por 4-1 e Arcos por 2-1). Son un equipo xove e con xogadores moi rápidos na dianteira. Un rival complicado que intentará impedir a undécima vitoria dos homes de Antonio Dacosta.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Horarios dos partidos da fin de semana

Xa temos os horarios de todos os equipos que forman a gran familia da Unión Deportiva Ourense. Esta semana o primeiro equipo recibe nos Remedios ao Sporting Carballiño. Os equipos das categorías xuvenil, cadete e infantil comezan a disputar a Copa Deputación unha vez finalizada a primeira fase da liga.

3ª AUTONÓMICA: U.D.Ourense - Sp. Carballiño: 30-11-2014 ás 16,15 h. nos Remedios.

COPA DEPUTACIÓN XUVENIL: Arrabaldo B - U.D.Ourense: 29-11-14 ás 12,30 h. en Santa Cruz de Arrabaldo (O Xeixo)

COPA DEPUTACIÓN CADETE: U.D.Ourense - Sta. Teresita: 30-11-14 ás 10,00 h. nos Salesianos

COPA DEPUTACIÓN INFANTIL: U.D.Ourense - Nogueira de Ramuín: 29-11-14 ás 10,00 h. nos Salesianos.

2ª ALEVÍN F-8: U.D.Ourense - Velle B: 29-11-14 ás 12,00 h. nos Salesianos.

2ª BENXAMÍN F-8: U.D.Ourense - Monforte: 29-11-14 ás 12,00 h. nos Salesianos.

1ª PREBENXAMÍN F-8: U.D.Ourense - Calasancio B: 30-11-14 ás 11,30 h. en Salesianos.

martes, 25 de noviembre de 2014

Sorteados os novos calendarios dos equipos xuvenil, cadete e infantil


Rematada a primeira fase da competición os nosos equipos das categorías xuvenil, cadete e infantil pasan a disputar a fase previa da Copa Deputación. Dita fase disputarase polo sistema de liga a dobre volta, distribuíndose os equipos en grupos de 6, 7 e 8 equipos. As datas en que se desenvolverá esta fase van dende o 29/11/14 ata o 28/02/15 ou 21/03/15 dependendo do número de equipos que formen o grupo.

En xuvenís e cadetes hai dous grupos, mentres que en infantís hai tres. O campión de cada grupo da categoría xuvenil e cadete pasa a seguinte fase da Copa Deputación, mentres que os tres campións de infantil disputarán unha liguiña entre eles da que sairán os dous equipos clasificados.

O equipo xuvenil quedou encadrado no grupo B. Os seus rivais son Calasancio B, Monforte, Maceda, Arrabaldo B e Barco. Na primeira xornada visitarán ao Arrabaldo B.

Os cadetes xogarán no grupo B xunto a Arenteiro, Arrabaldo B, Maceda, Allaríz, Santa Teresita e Calasancio B. Na primeira xornada recibirán nos Salesianos ao Santa Teresita.

E por último o equipo infantil, tamén no grupo B, enfrontarase a Ourense C.F. B, E.D. Concello Barbadás B, Arranxar, Arrabaldo B, Nogueira de Ramuín, Arenteiro e A Peroxa. O debut será ante o Nogueira de Ramuín nos Salesianos.

Podedes consultar os calendarios completos na páxina da Federación Galega de Fútbol: www.futgal.es. Sorte e a seguir aprendendo.

Caeu a décima: Cenlle, 0 - U.D.Ourense, 4

Equipo da U.D.Ourense en Cenlle

A Unión Deportiva Ourense segue coa súa racha e sumou a décima vitoria no campo Rúa Nova de Cenlle. Os homes adestrados por Antonio Dacosta tiveron que sufrir nun campo de terra, moi irregular e pesado polas choivas caídas. Co mono de traballo posto dominaron de principio a fin pero tiveron que esperar ata o último minuto da primeira metade para romper o cero a cero inicial.

lunes, 24 de noviembre de 2014

Resultados dos equipos da base

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: U.D.Ourense, 1 - Rúa, 3

1ª AUTONÓMICA CADETE: Arrabaldo, 4 - U.D.Ourense, 5

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: Arrabaldo, 4 - U.D.Ourense, 1

2ª ALEVÍN F-8: Monforte, 5 - U.D.Ourense, 0

2ª BENXAMÍN F-8: Monforte B, 4 - U.D.Ourense, 2

1ª PREBENXAMÍN F-8: ED Concello Barbadás B, 4 - U.D.Ourense, 2

sábado, 22 de noviembre de 2014

Previa do Cenlle - U.D.Ourense

Campo Rúa Nova do C.D.Cenlle

Afrontamos a xornada número 11 visitando ao Cenlle. Os homes dirixidos por Antonio Dacosta buscarán a décima vitoria e seguir co pleno de triunfos. Enfrente terán a un rival que está loitando polos postos de ascenso e que tratará de ser o primeiro equipo que frene a racha dos ourensanistas.

Antonio Dacosta non poderá contar para este partido con Adolfo, Toni e Chechu que están lesionados. Tampouco estará Ramón Dacosta para non forzar a súa reaparición, nin Fabio por motivos laborais. Os que si volven á convocatoria son Diego Soto e Fran Álvarez unha vez recuperado da súa lesión.

jueves, 20 de noviembre de 2014

Cambio de horario do partido do equipo xuvenil

O partido de 1ª Autonómica Xuvenil entre a U.D.Ourense e o C.D.Rúa xogarase en Salesianos o sábado 22 de novembro ás 12,30 horas en lugar do domingo ás 11,00 horas como se anunciara.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Horarios dos partidos da fin de semana

Xa temos os horarios de todos os equipos que forman a gran familia da Unión Deportiva Ourense. Esta semana o primeiro equipo viaxa ata Cenlle. Destacar que só xoga na casa o equipo xuvenil ante o Rúa, o resto viaxan. Sorte a todos nesta xornada.

3ª AUTONÓMICA: Cenlle - U.D.Ourense: 23-11-2014 ás 16,15 h. en Cenlle (Rúa Nova).

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: U.D.Ourense - Rúa: 22-11-14 ás 12,30 h. en Salesianos

1ª AUTONÓMICA CADETE: Arrabaldo - U.D.Ourense: 22-11-14 ás 10,00 h. en Santa Cruz de Arrabaldo (O Xeixo)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: Arrabaldo - U.D.Ourense: 23-11-14 ás 10,30 h. en Santa Cruz de Arrabaldo (O Xeixo)

2ª ALEVÍN F-8: Monforte - U.D.Ourense: 22-11-14 ás 12,15 h. en Monforte de Lemos (Luís Bodegas)

2ª BENXAMÍN F-8: Monforte B - U.D.Ourense: 22-11-14 ás 12,15 h. en Monforte de Lemos (Luís Bodegas)

1ª PREBENXAMÍN F-8: ED Concello Barbadás B - U.D.Ourense: 22-11-14 ás 11,30 h. en Barbadás (Os Carrís)

martes, 18 de noviembre de 2014

Estatísticas da Unión Deportiva Ourense


Xaco lidera a táboa de goleadores


Así están as estatísticas dos nosos xogadores. Sinalar que no partido ante o Castrelo de Miño o clube chegou aos 50 goles en liga (xa son 56), gol anotado por Lucas Nieto. Tamén se acadou o gol número 50 en tódalas competicións (en Copa anotáronse 3 ante o Santa Teresita), tanto conseguido por Julio Salgado.

GOLEADORES:

1.- Xaco: 11
2.- Julio Salgado: 10
3.- Roberto Almeida: 10
4.- Adolfo: 8
5.- Lucas Nieto: 4

lunes, 17 de noviembre de 2014

Resultados da canteira deste fin de semana

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: Arrabaldo, 5 - U.D.Ourense, 4

1ª AUTONÓMICA CADETE: U.D.Ourense, 1 - Barco, 2

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: U.D.Ourense, 2 - Barco, 2

2ª ALEVÍN F-8: U.D.Ourense, 1 - Pabellón B, 6

2ª BENXAMÍN F-8: U.D.Ourense, 7 - Velle, 3

1ª PREBENXAMÍN F-8: Calasancio, 13 - U.D.Ourense, 0

Goleada reivindicativa, 12-0 ao Castrelo co Couto de fondo

Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

A Unión Deportiva Ourense non se resintiu do parón ligueiro, sumando a novena vitoria coa maior goleada da tempada ante o Castrelo de Miño. Un 12-0 que divirtiu a unha afección que segue enchendo os Remedios calquera día a calquera hora. Tamén foi unha tarde-noite reivindicativa. A volta ao campo do Couto é unha aspiración lexítima dun clube que ten máis de 1.000 socios e abonados e que necesitan dispor dunhas instalacións que os acollan de forma cómoda e segura.

As continuas desculpas e a dilación dunha solución que xa é urxente están crispando a unha afección que se sinte ninguneada e discriminada polas institucións que teñen que resolver este tema dunha vez por todas.

viernes, 14 de noviembre de 2014

Ante o Castrelo sen Ramón Dacosta, Diego Soto e Toni


Á falta do adestramento do venres pola noite Antonio Dacosta xa sabe que non poderá contar con Ramón Dacosta (arrastra problemas físicos), Diego Soto (motivos persoais) e Toni (problemas físicos) para enfrontarse o sábado a partires das 20,00 horas ao Castrelo de Miño no campo "Miguel Ángel" dos Remedios.

O que si é posible é que esté entre os convocados Roberto Dacosta, a nova fichaxe da Unión Deportiva Ourense. Despois do adestramento Antonio Dacosta dará a lista de convocados e mañá despexará as dúbidas que ten en canto ao once inicial, sobre todo no medio do campo ante a baixa de Diego Soto e a dúbida de Fran Álvarez, que non xogou o último partido de liga ante o Barra de Miño debido a molestias musculares.

Presentación de patrocinadores das camisetas

Foto Brais Lorenzo (Faro de Vigo)

Onte tivo lugar no Centro Comercial Ponte Vella a presentación dos patrocinadores que estamparán o seu nome nas novas camisetas da Unión Deportiva Ourense, ademáis de Bermello, patrocinador principal e que xa foi presentado con anterioridade.

As firmas Asine Xestión, Café Bar Miguel, Lisardo Dorribo e Ourense a provincia termal (a través da Deputación de Ourense) son as que acompañarán a Bermello nesta histórica primeira camiseta do clube. Asine Xestión e Café Bar Miguel figurarán nas mangas, mentres que Lisardo Dorribo e Ourense a provincia termal mostraranse na parte posterior da mesma.

Dende o clube non queda máis que darlle as grazas polo seu apoio e colaboración. Este clube será o que a sociedade ourensana queira, tanto a nivel de afeccionados como de empresas. Polo de agora a resposta está sendo sensacional, esperemos que se manteña no futuro para que a Unión Deportiva Ourense continúe medrando e acadando categorías superiores.

As novas camisetas estarán dispoñibles a principios de decembro.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Horarios dos partidos da fin de semana

Xa temos os horarios de todos os equipos que forman a gran familia da Unión Deportiva Ourense. Esta semana o primeiro equipo volve a competición despois da xornada de descanso da semana pasada. O rival será o Castrelo de Miño nos Remedios o sábado ás 20,00 horas. Sorte a todos nesta xornada.

3ª AUTONÓMICA: U.D.Ourense - Castrelo de Miño: 15-11-2014 ás 20,00 h. nos Remedios.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: Arrabaldo - U.D.Ourense: 15-11-14 ás 12,00 h. en Santa Cruz de Arrabaldo (O Xeixo)

1ª AUTONÓMICA CADETE: U.D.Ourense - Barco: 15-11-14 ás 12,30 h. nos Salesianos

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: U.D.Ourense - Barco: 15-11-14 ás 11,00 h. nos Salesianos

2ª ALEVÍN F-8: U.D.Ourense - Pabellón B: 15-11-14 ás 10,00 h. nos Salesianos

2ª BENXAMÍN F-8: U.D.Ourense - Velle: 15-11-14 ás 10,00 h. nos Salesianos

1ª PREBENXAMÍN F-8: Calasancio - U.D.Ourense: 15-11-14 ás 10,30 h. en Monforte de Lemos (Escolapios)

lunes, 10 de noviembre de 2014

Roberto Dacosta ficha pola U.D.Ourense

Roberto Dacosta coa súa filla. Foto Jesús Regal (Faro de Vigo)

Outro ex xogador de Clube Deportivo Ourense que se une ao novo proxecto da Unión Deportiva Ourense. O centrocampista de 33 anos xogará ao carón do seu irmán Ramón Dacosta e estará adestrado polo seu tío Antonio Dacosta.

Unha gran noticia contar con outro xogador de enorme calidade para facer aínda máis forte un cadro de xogadores que está rendindo a gran nivel tanto en liga como na Copa Deputación.

Roberto Dacosta é un xogador de gran calidade técnica que ademáis de xogar en C.D.Ourense B e C.D.Ourense tamén pasou polas categorías inferiores do Pabellón, do Celta de Vigo (onde foi internacional nas categorías inferiores da selección española), Lemos, Ponte Ourense, Arenteiro e Covadonga.

viernes, 7 de noviembre de 2014

Xaco recibiu o trofeo como "Mellor xogador do mes de outubro"

Carlos Domarco (Galiciadeportiva), Xaco, Miguel (Café Bar Miguel)
e Modesto Garcia durante a entrega do trofeo

A afección decidiu que Xaco foi o mellor xogador da Unión Deportiva Ourense no mes de outubro e onte entregouselle o trofeo, donado pola web Galiciadeportiva, que así o acredita. O acto tivo lugar no Café Bar Miguel, patrocinador do evento, e contou coa presenza de varios medios informativos da capital.

Xaco superou na votación a Adolfo e Xurxo, converténdose no primeiro xogador que recibe este galardón. O extremo dereito estase a converter nun dos pilares do equipo. Rompe con velocidade e calidade as defensas rivais, demostrando ademáis un gran olfato de gol. Leva anotados oito goles no que vai de campionato ligueiro, con dous hattrick ante Ath. Razamonde e Piñor.

Durante o mes de outubro o galardonado foi titular ante o Arcos, Salamonde e Piñor, non puidendo acudir a cita ante Os Chaos. Nestes tres partidos anotou catro goles. En Salamonde sentenciou o partido co terceiro tanto e ante o Piñor deu todo un recital anotando tres goles (marcou os dous primeiros e o quinto) e dándolle unha asistencia a Roberto Almeida. Méritos máis que suficientes para facerse coa distinción a ollos da afección.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Horarios dos partidos da fin de semana

Xa están confirmados os horarios para os partidos da fin de semana de todos os equipos que forman a Unión Deportiva Ourense. Esta semana o primeiro equipo descansa. Sorte a todos.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: U.D.Ourense - Chantada: 08-11-14 ás 12,00 h. nos Salesianos

1ª AUTONÓMICA CADETE: Chantada - U.D.Ourense: 08-11-14 ás 12,00 h. en Chantada (Sangoñedo)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: Monforte - U.D.Ourense: 08-11-14 ás 11,00 h. en Monforte (Luís Bodegas)

2ª ALEVÍN F-8: Arranxar - U.D.Ourense: 09-11-14 ás 10,30 h. en Oira

2ª BENXAMÍN F-8: E.D. Conc. Barbadás C - U.D.Ourense: 08-11-14 ás 17,30 h. en Barbadás (Os Carrís)

1ª PREBENXAMÍN F-8: U.D.Ourense - Arrabaldo: 08-11-14 ás 10,00 h. nos Salesianos

martes, 4 de noviembre de 2014

Resultados dos equipos da base

Tres vitorias e tres derrotas para os nosos equipos. Xuvenil, Infantil e Benxamín lograron o triunfo, mentras que Cadete, Alevín e Prebenxamín non puideron cos seus rivais. Ánimo a todos e noraboa polo esforzo realizado.

domingo, 2 de noviembre de 2014

Máis líderes despois de gañar en Barra de Miño (0-4)


A Unión Deportiva Ourense abre oco na cabeza da clasificación despois de gañar en Barra de Miño por 0-4. Agora os ourensanistas encabezan a clasificación con cinco puntos de vantaxe sobre o Palmés (que empatou en Ribadavia a dous goles) e nove sobre o Barra de Miño, aínda que estos dous equipos xa tiveron a súa xornada de descanso.

Os homes de Antonio Dacosta acudían ao campo de O Tato para enfrontarse a un dos mellores equipos da categoría nun campo de terra, pequeno, e que non estaba nas mellores condicións debido á choiva destes días. Como se esperaba os locais sairon revolucionados e tiveron a primeira clara ocasión aos cinco minutos, enviando o balón por riba da portería de Cristian cando o seu dianteiro tentou facer unha vaselina.

A Unión Deportiva Ourense, de novo acompañada por unha fiel afección que encheu o Tato, foi impoñendo o seu fútbol empregándose coas mesmas gañas que o Barra de Miño. No minuto 16 conseguiron adiantarse no marcador e, deste xeito, frear o ímpetu local. Gran pase de Valderas a Adolfo, que estaba situado na posición de extremo dereito, perfecto control do capitán ourensanista que puxo un gran centro que pelexou Julio Salgado, caéndolle o balón a Roberto Almeida que só tivo que empurralo ao fondo da portería local.

Con vantaxa no marcador o dominio da Unión Deportiva Ourense fíxose máis acentuado, logrando outros dous goles ao aproveitarse de rexeites dentro da área tras dous perigosos centros. Lucas Nieto e Xaco anotaron os goles sentenciando o partido no primeiro tempo.

Na segunda metade baixou o ritmo e a intensidade do partido, pechando o marcador Ramón Dacosta ao transformar un lanzamento de falta, o seu terceiro gol que anota deste xeito de forma consecutiva. Antonio Dacosta moveu o banco para repartir os minutos e dosificar esforzos, finalizando o encontro sen máis goles a pesares de que ambos equipos seguirono intentando sin sorte.

Pola Unión Deportiva Ourense xogaron: Cristian; Julio Álvarez, Xurxo, Dacosta (Alberto, 63´), Lucas Nieto; Valderas, Diego Soto (Cristian Fernández, 55´); Xaco, Roberto Almeida (Chechu, 60´), Adolfo (Dani Malvido, 67´) e Julio Salgado.

GOLES:

0-1 (16´): Roberto Almeida
0-2 (34´): Lucas Nieto
0-3 (38´): Xaco
0-4 (63´): Dacosta


sábado, 1 de noviembre de 2014

Xaco elexido "Xogador do mes de outubro"


O extremo dereito foi o máis votado pola afección conquerindo un 28% do total de votos, en dura pugna con Adolfo que acadou o 22%. Máis lonxe situouse o defensa Xurxo cun 10%. Noraboa a Xaco pola vitoria ante tan prestixiosos competidores.

Xaco disputou tres partidos durante o mes de outubro, non puido estar no primeiro partido do mes xogado en Amoeiro ante Os Chaos, pero foi titular nos outros tres, ante o Arcos, Salamonde e Piñor. Nestes tres partidos anotou catro goles. En Salamonde sentenciou o partido co terceiro tanto e ante o Piñor deu todo un recital anotando tres goles (marcou os dous primeiros e o quinto) e dándolle unha asistencia a Roberto Almeida. Co hattrick anotado ante o Piñor xa é o segundo que logra esta tempada xunto co conseguido ante o Ath. Razamonda na primeira xornada de liga.

Próximamente informaremos do data de entrega do trofeo, donado por Galiciadeportiva, no Café Bar Miguel, patrocinador do mesmo.



Partidazo en Barra de Miño


O domingo dende as 16,30 temos unha cita importante en Barra de Miño. Visitamos a outro dos favoritos para o ascenso de categoría. Un Barra de Miño que marcha no terceiro posto da clasificación con 15 puntos, con cinco vitorias e tan só unha derrota (en Piñor por 4-2) hai dúas xornadas, xa que a pasada descansaron.

O Barra de Miño será un rival de coidado. No fortín do Tato gañaron os tres partidos: 2-1 ao Peroxa B, 6-1 a Os Chaos e outro 6-1 ao Salamonde. Coñecen á perfección as pecularidades do seu pequeno terreo de xogo, onde tocará adaptarse ás reducidas dimensións e ao piso de terra.

Cando falamos do C.D. Barra de Miño estamos a falar dun histórico do fútbol provincial con 50 anos ás súas costas, efemérides celebrada o pasado mes de agosto cunha emotiva festa no campo do Tato.

Antonio Dacosta recupera para este importante partido ao dianteiro Julio Salgado despois de estar alonxado dos terreos de xogo durante dúas xornadas por unha lesión no tendón de Aquiles. E por outra banda perde ao medio Fran Álvarez lesionado nos compases iniciais do partido da pasada xornada ante o Piñor.

A alineación máis probable que xogará ante o Barra de Miño é a formada por Cristian na portería; Julio Álvarez, Xurxo, Dacosta e Lucas Nieto na defensa; Valderas e Diego Soto no mediocentro; Xaco e Adolfo nas bandas; Roberto Almeida na media punta e Julio Salgado como punta de lanza. No banco estarán Héctor como porteiro suplente, Alberto, Cristian Fernández, Dani Malvido e Chechu. Quedan fóra da convocatoria Fran Álvarez, Víctor Arias e Toni por lesión; Fabio e Santi recuperándose despois dun longo periodo de inactividade e José Ángel por decisión técnica.