viernes, 14 de noviembre de 2014

Ante o Castrelo sen Ramón Dacosta, Diego Soto e Toni


Á falta do adestramento do venres pola noite Antonio Dacosta xa sabe que non poderá contar con Ramón Dacosta (arrastra problemas físicos), Diego Soto (motivos persoais) e Toni (problemas físicos) para enfrontarse o sábado a partires das 20,00 horas ao Castrelo de Miño no campo "Miguel Ángel" dos Remedios.

O que si é posible é que esté entre os convocados Roberto Dacosta, a nova fichaxe da Unión Deportiva Ourense. Despois do adestramento Antonio Dacosta dará a lista de convocados e mañá despexará as dúbidas que ten en canto ao once inicial, sobre todo no medio do campo ante a baixa de Diego Soto e a dúbida de Fran Álvarez, que non xogou o último partido de liga ante o Barra de Miño debido a molestias musculares.


En canto ao Castrelo de Miño dicir que se trata dun clube xove que intenta facerse un oco no fútbol provincial. Comenzaron a súa andaina no ano 2010 militando sempre na 3ª Autonómica. 

Chegan a Ourense ocupando o noveno posto da clasificación. Mantéñense na zona media baixa da táboa, aínda que nunha liga tan igualada como esta pódense colocar arriba gañando dous partidos de forma consecutiva. De oito partidos disputados gañaron 3 e perderon 5, anotando 14 goles e encaixando 24. A xornada pasada foron derrotados polo Barra de Miño por un axustado 3-4 no seu campo.

Precisamente o Castrelo de Miño estase a mostrar máis forte fóra que no seu campo de San Pereiro en Macendo. A domicilio gañaron dous partidos e perderon outros dous. As dúas vitorias foron ante  o Razamonde (2-3) e Piñor polo mesmo resultado. Mentres que as súas derrotas foron por goleada: 6-3 ante o Ribadavia At. e 6-0 ante o Arcos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario