viernes, 29 de agosto de 2014

O ourensanismo segue vivo


Onte foi un día histórico. A Unión Deportiva Ourense dispotou o seu primeiro partido. Foi un amigable disputado fronte ao Barbadás no campo dos Carrís. Polo que respecta ao partido pouca historia. A diferencia de categoría é evidente (3ª división nacional fronte a 3ª autonómica) e o resultado axustouse a estes parámetros: 5-0 para o Barbadás.

Sen embargo esto non foi o máis destacable do partido. O mellor foi constatar que o ourensanismo non morreu. Con Clube Deportivo Ourense acabaron pero co sentimento de ser ourensanista non. Onte Os Carrís estaban poboados por maioría de seareiros ourensanistas, agora apoiando e defendendo á Unión Deportiva Ourense. Os cánticos e berros de ánimo de Ouligans e do resto de afeccionados ourensanistas puxeron de manifesto onde están e a quen apoia a afección do inesquecible Clube Deportivo Ourense.

Demostrouse que entre todos podemos facer da Unión Deportiva Ourense un clube grande, respectado e admirado. Esa é a nosa ilusión e por ela traballamos. Mención especial aos xogadores e equipo técnico que onte defenderon as cores da Unión Deportiva Ourense. Uns homes que están a demostrar un gran sentimento ourensanista e que xa están na historia deste clube.

En canto ao partido pouca historia. No primeiro tempo os ourensanistas tardaron uns cinco minutos en asentarse no terreo de xogo, algo lóxico tendo en conta que se trataba do primeiro partido que xogaban xuntos sen levar tan sequera un mes de adestramentos. O Barbadás aproveitou para adiantarse no marcador estos momentos de indecisión dos azuis.

Unha vez asentados no campo os ourensanistas estiveron ben plantados nos Carrís, deixando mostras da súa calidade entre os aplausos do público. A segunda metade foi máis deslucida, algo comprensible coa gran cantidade de trocos nos dous equipos. O Barbadás aproveitou para anotar catro goles neste periodo, dous de penalti, e deixar o marcador no definitivo 5-0. Destacar que tras marcar Rafita ao estilo "panenka" un dos penaltis houbo unha pequena tangana ao recriminarlle varios xogadores do Ourense ese lanzamento.

Esta foi a primeira alineación da U.D.Ourense: Hector; Julio, Xurxo, Ramon Dacosta,Lucas Nieto; Adolfo, Diego Soto, Víctor Arias, Xaco, Roberto Almeida e Julio.

Lembrar que o domingo a Unión Deportiva Ourense xogará o seu primeiro partido oficial. Será as 19,00 horas no campo "Miguel Ángel" dos Remedios ante o Santa Teresita de 2ª Autonómica. O partido corresponde aos 1/32 de final da Copa Deputación "B". ¡Non faltes a esta cita coa historia!

jueves, 21 de agosto de 2014

Comunicado sobre a utilización do escudo de Clube Deportivo Ourense polo antigo Ponte Ourense CF SAD




A Xunta directiva da Unión Deportiva Ourense lamenta e condena o uso fraudulento do escudo de Clube Deportivo Ourense nun cartel anunciador dun partido amigable entre o Club Lemos e o antigo Ponte Ourense C.F. S.A.D.

Nos estatutos da Unión Deportiva Ourense figura como un dos seus fins a defensa da memoria e da honra de Clube Deportivo Ourense, polo que non podemos deixar pasar por alto este ultraxe á súa memoria.

A algúns non lle abonda con trocar o seu nome para intentar suplantar a Clube Deportivo Ourense, senón que ademáis empregan os seus símbolos, unha práctica intolerable e que amosa a falta de ética para intentar facerse co legado deportivo e social de Clube Deportivo Ourense.

Aceptamos as disculpas ofrecidas polo Club Lemos, esperando que estos feitos non se volvan a repetir.

viernes, 15 de agosto de 2014

A partires do luns teremos carpa para facerse socio ou abonado


A Unión Deportiva Ourense segue coa campaña de soci@s e abonad@s para esta tempada, a primeira de existencia do clube.

A vindeira semana, do luns día 18 ao venres 22 de agosto, a carpa estará situada na rúa Ervedelo do barrio do Couto, enfronte do colexio "Santo Ángel". A semana seguinte (do 25 ao 29 de agosto) trasladarase a rúa do Paseo, á altura da Subdelegación de Defensa (antigo Goberno Militar). O horario, en ambos casos, será das 18,00 ás 21,00 horas.

Lembramos que os que se fagan soci@s poderán conservar o número de soci@ que tiñan en C.D.Ourense, facendoo constar no impreso de soci@.

Informamos tamén da posibilidade de facerse soci@ ou abonad@ mediante ingreso na conta ES6720805263043040050654, do grupo Abanca.

Para que a Unión Deportiva Ourense se convirta no clube de referencia da cidade e da provincia compre o apoio dos afeccionados, un apoio que se ten que traducir en retirada de carnés de socios e abonados, só así podemos saír adiante. A forza deste novo clube ten que ser a dos seus seareiros, chegaremos onde vós queirades.

Prezos:

SOCIOS: 100 euros (os maiores de 16 anos terán voto na Asamblea, aínda que os menores desa idade tamén poderán facerso socios). Os que retiren o carné antes de finais de agosto serán socios fundadores. O prazo para facerse socio sen ter que presentar un aval doutro socio nin ter que ser aprobado pola Asamblea Xeral remata o 31 de outubro.

ABONADOS:

- Adulto maior de 25 anos: 30 euros
- Xubilados e maiores de 65 anos: 25 euros
- Desempregados: 15 euros
- Xoves entre 16 e 25 anos: 20 euros
- Menores de 16 anos e discapacitados cun grado maior do 65%: Gratis
- Carné familiar: Parella de adultos 50 euros. Cada fillo de 16 a 25 anos: 15 euros.


miércoles, 13 de agosto de 2014

O xoves 14 de agosto seguimos no CC Ponte Vella


Segue a campaña de captación de soci@s e abonad@s da Unión Deportiva Ourense. O xoves 14 de agosto voltaremos a estar no Centro Comercial Ponte Vella de 18,00 a 20,30 horas.

Non perdas a ocasión de unirte ao proxecto da Unión Deportiva Ourense, entre todos podemos facer algo grande. Este é un club de todos: da xente, do pobo, dos socios. Non o penses e únete a ilusión.

martes, 12 de agosto de 2014

Campaña de socios e abonadas, o mércores 13 de agosto pola tarde no Centro Comercial Ponte Vella


A Unión Deportiva Ourense sigue captando socios e abonados para o ilusionante proxecto que está a ver a luz na Cidade das Burgas. Debido a falta dun local social onde atender aos afeccionados, seguimos a espera de que se solucione o tema do Estadio do Couto, intentamos acercar o club aos seareiros.

O mércores 13 de agosto  pola tarde, entre as 18,00 e as 20,30 horas estaremos no Centro Comercial Ponte Vella para que aqueles que o desexen retiren o seu carné de socio ou abonado. Tamén están invitados a pasarse por alí todos aqueles que desexen participar neste proxecto como voluntarios, para ver de que xeito poderían colaborar.

¡Non te quedes fóra!

viernes, 8 de agosto de 2014

Comunicado respecto ao adestramento do vindeiro luns


Como vimos anunciando, o vindeiro luns día 11 de setembro, a Unión Deportiva Ourense comezará os seus adestramentos no Campus Universitario a partires das 21,00 horas.

Por causas alleas á Unión Deportiva Ourense os seareiros que acudamos ao mostrar o noso apoio ao corpo técnico e aos xogadores non poderemos acceder ao recinto do campo de fútbol, tendo que conformarnos con permanecer na explanada adxacente, onde tamén os afeccionados que o desexen poderán facerse socio ou abonado. Lamentamos as molestías.

jueves, 7 de agosto de 2014

O luns, 11 de agosto, comezan os adestramentos da Unión Deportiva Ourense


Chegou o día. A Unión Deportiva Ourense comeza os seus adestramentos o luns, 11 de agosto, no Campus Universitario a partires das 21,00 horas.

Facemos un chamamento a todos os ourensanistas para que asistan e lle den o seu apoio ao equipo técnico encabezado por Antonio Dacosta e aos xogadores que se implicaron neste proxecto deportivo, varios deles ex xogadores históricos de Clube Deportivo Ourense que mostran, deste xeito, o seu apoio incondicional ao proxecto da Unión Deportiva Ourense, e polo que sempre lle estaremos agradecidos.

Durante o adestramento, os que o dexesen, poderanse facer socios ou abonados da Unión Deportiva Ourense. Necesitámoste.

Número de conta da Unión Deportiva Ourense


Xa está dispoñible a conta bancaria do club, onde os que desexen facerse socios ou abonados poden facer o correspondente ingreso. Lembrarvos de deixar claros os vosos datos persoais.

A conta é a ES6720805263043040050654, aberta na oficina de Abanca situada na rúa Ervedelo, 31 (esquina coa Avenida de Portugal).

Lembrar que si facedes o ingreso de xeito presencial en calquera oficina de Abanca e non tedes unha conta nesta entidade cobraranvos unha comisión de 3 euros. Se facedes unha transferencia dende a vosa conta xa depende do voso banco.

PREZOS DE SOCIOS E ABONADOS:

SOCIOS: 100 euros (os maiores de 16 anos terán voto na Asamblea, aínda que os menores desa idade tamén poderán facerso socios). Os que retiren o carné antes de finais de agosto serán socios fundadores. O prazo para facerse socio sen ter que presentar un aval doutro socio nin ter que ser aprobado pola Asamblea Xeral remata o 31 de outubro.

ABONADOS:

- Adulto maior de 25 anos: 30 euros
- Xubilados e maiores de 65 anos: 25 euros
- Desempregados: 15 euros
- Xoves entre 16 e 25 anos: 20 euros
- Menores de 16 anos e discapacitados cun grado maior do 65%: Gratis
- Carné familiar: Parella de adultos 50 euros. Cada fillo de 16 a 25 anos: 15 euros.

miércoles, 6 de agosto de 2014

Necesitamos colaboradores


A vindeira semana a Unión Deportiva Ourense ten previsto comezar a campaña de captación de socios e abonados. Necesitamos o respaldo da afección para que o club inicie a súa andadura con forza, e para isto buscamos que os afeccionados ao fútbol da cidade e da provincia presten o seu apoio a este novo proxecto.

Xa que logo ao longo da próxima semana instalaranse carpas en diversos puntos da cidade para captar socios e abonados. Todos aqueles que queirades colaborar co clube, lembrar que este clube é unha laboura de todos, podédevos porvos en contacto con nós a través do correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com, deixando os vosos datos e a vosa dispoñibilidade horaria. En principio as carpas funcionarán de 10 a 12:30 h, e de 19 a 21 h. Grazas pola vosa colaboración.

martes, 5 de agosto de 2014

A asociación de ex xogadores de C.D.Ourense xestionará a canteira da U.D.Ourense


A canteira da Unión Deportiva Ourense ten que ser un pilar básico do novo clube. A base debe de ser o sustento e o alimento para chegar o máis alto posible. Para lograr este obxectivo é necesario que a canteira esté nas mellores mans. Na Unión Deportiva Ourense pensamos que a Asociación de Ex xogadores de C.D.Ourense son os indicados para facer da súa canteira un modelo a seguir.

Baixo a coordinación de Perfecto Rodríguez, máis conocido como Peluso, os equipos que integren a base da Unión Deportiva Ourense para a tempada 2014-15 estarán adestrados por persoal titulado e cualificado que formarán aos integrantes da base como futbolistas e, aínda máis importante, como persoas.

Todos os rapaces que queiran unirse a este ilusionante proxecto poden inscribirse na páxina web da Asociación de Ex xogadores de C.D.Ourense www.veteranoscdourense.wordpress.com, na tenda deportiva Sequesport no parque de San Lázaro ou enviando a solicitude de inscripción debidamente cuberta ao correo electrónico da Unión Deportiva Ourense: uniondeportivaourense@gmail.com.

domingo, 3 de agosto de 2014

Campaña de socios e abonados


Xa temos os prezos de socios e abonados para a tempada 2014-15, a primeira na historia da Unión Deportiva Ourense. Os socios, que pagarán 100 euros nos que vai incluído o abono para asistir aos encontros da Union Deportiva Ourense, serán os donos do clube e terán o dereito de asistir as asambleas e decidir o futuro e o camiño do clube mediante o seu voto, baixo a premisa dun socio un voto.

Tamén existe a posibilidade de facerse abonado do clube, o que lle permitirá asistir a todos os partidos que o equipo dispute na casa, tanto de Liga, Copa Deputación ou amigables. O abono de adulto será de 30 euros e o prezo das entradas para o público en xeral será de 5 euros. Pasamos a detallar os prezos para esta tempada:

SOCIOS: 100 euros (os maiores de 16 anos terán voto na Asamblea, aínda que os menores desa idade tamén poderán facerso socios). Os que retiren o carné antes de finais de agosto serán socios fundadores. O prazo para facerse socio sen ter que presentar un aval doutro socio nin ter que ser aprobado pola Asamblea Xeral remata o 31 de outubro.

ABONADOS:

- Adulto maior de 25 anos: 30 euros
- Xubilados e maiores de 65 anos: 25 euros
- Desempregados: 15 euros
- Xoves entre 16 e 25 anos: 20 euros
- Menores de 16 anos e discapacitados cun grado maior do 65%: Gratis
- Carné familiar: Parella de adultos 50 euros. Cada fillo de 16 a 25 anos: 15 euros.

Nos próximos días iremos informado do número de conta para poder facer o ingreso e dos lugares onde se instalará unha carpa para poder facerse socio ou abonado da Unión Deportiva Ourense.