martes, 25 de noviembre de 2014

Sorteados os novos calendarios dos equipos xuvenil, cadete e infantil


Rematada a primeira fase da competición os nosos equipos das categorías xuvenil, cadete e infantil pasan a disputar a fase previa da Copa Deputación. Dita fase disputarase polo sistema de liga a dobre volta, distribuíndose os equipos en grupos de 6, 7 e 8 equipos. As datas en que se desenvolverá esta fase van dende o 29/11/14 ata o 28/02/15 ou 21/03/15 dependendo do número de equipos que formen o grupo.

En xuvenís e cadetes hai dous grupos, mentres que en infantís hai tres. O campión de cada grupo da categoría xuvenil e cadete pasa a seguinte fase da Copa Deputación, mentres que os tres campións de infantil disputarán unha liguiña entre eles da que sairán os dous equipos clasificados.

O equipo xuvenil quedou encadrado no grupo B. Os seus rivais son Calasancio B, Monforte, Maceda, Arrabaldo B e Barco. Na primeira xornada visitarán ao Arrabaldo B.

Os cadetes xogarán no grupo B xunto a Arenteiro, Arrabaldo B, Maceda, Allaríz, Santa Teresita e Calasancio B. Na primeira xornada recibirán nos Salesianos ao Santa Teresita.

E por último o equipo infantil, tamén no grupo B, enfrontarase a Ourense C.F. B, E.D. Concello Barbadás B, Arranxar, Arrabaldo B, Nogueira de Ramuín, Arenteiro e A Peroxa. O debut será ante o Nogueira de Ramuín nos Salesianos.

Podedes consultar os calendarios completos na páxina da Federación Galega de Fútbol: www.futgal.es. Sorte e a seguir aprendendo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario