martes, 25 de noviembre de 2014

Caeu a décima: Cenlle, 0 - U.D.Ourense, 4

Equipo da U.D.Ourense en Cenlle

A Unión Deportiva Ourense segue coa súa racha e sumou a décima vitoria no campo Rúa Nova de Cenlle. Os homes adestrados por Antonio Dacosta tiveron que sufrir nun campo de terra, moi irregular e pesado polas choivas caídas. Co mono de traballo posto dominaron de principio a fin pero tiveron que esperar ata o último minuto da primeira metade para romper o cero a cero inicial.


Julio Salgado rematou de cabeza un gran centro de Roberto Dacosta tras unha boa xogada pola banda esquerda. O gol chegou nun momento psicolóxico que deixou tocados aos xogadores locais. Resistiron ata o último minuto do primeiro acto a base de entrega, pelexa, grandes paradas do seu porteiro e despexes sobre a liña de gol dos defensores azuis. O postreiro gol do dianteiro centro ourensanista foi un duro golpe na moral local.

Na segunda metade continuou o dominio da Unión Deportiva Ourense que se concretou con tres goles máis, aínda que o porteiro e a defensa do Cenlle seguiron desbaratando boas ocasións visitantes. Xaco no minuto 63, Santi no 76 (leva dous goles en dous partidos) e Xurxo no 85 deixaron o marcador no 0-4 definitivo.

A parte negativa do encontro foron as lesións de Roberto Almeida, foi sustituido na primeira metade, de Julio Álvarez, cun corte no seu muslo esquerdo que tamén o levou ao banco, e de Julio Salgado que abandonou o terreo de xogo coxeando. Como anécdota sinalar que o porteiro suplente Cristian entrou no campo sustituíndo a Julio Álvarez, situándose no posto de extremo dereito, xa que xa se realizaran os catro cambios cos xogadores de campo. Esperemos que estas lesións se queden en nada e que todos estén dispoñibles para o partido da próxima semana ante o Sporting Carballiño, equipo que acaba de golear ao Barra de Miño por 5-1 desbancandoo do terceiro posto da clasificación.

Pola Unión Deportiva Ourense xogaron: Héctor; Julio Álvarez (Cristian, 81´), Xurxo, Alberto (Fran Álvarez, 55´), Lucas Nieto (Víctor, 61´); Valderas, Diego Soto; Xaco, Roberto Dacosta, Roberto Almeida (Cristian Fernández, 41´) e Julio Salgado (Santi, 59´).

GOLES:

0-1 (45´): Julio Salgado
0-2 (63´): Xaco
0-3 (76´): Santi
0-4 (85´): Xurxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario