Por acordo da Xunta Directiva da
Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 25 de xuño de 2015, ás 20,00 horas
en primeira convocatoria e 20,30 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda.
da Habana, 79), Asemblea Xeral Ordinaria de socios co seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Cambio de enderezo social
2.- Ratificación, se procede, de
Ramón Dacosta como membro da Xunta directiva
3.- Memoria deportiva da tempada
2014-15
4.- Aprobación, si procede, da
liquidación do presuposto da tempada 2014-15
5.- Proposta deportiva para a
tempada 2015-16
6.- Aprobación, se procede, das
cotas de socios e abonados para a tempada 2015-16
7.- Aprobación, se procede, do
presuposto para a tempada 2015-16
8.- Rolda libre de intervencións
Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.
Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.