jueves, 30 de octubre de 2014

Acadamos os 1.018 carnés entre socios e abonados


Dentro da liña de transparencia da Unión Deportiva Ourense hoxe pola tarde celebrouse unha rolda de prensa na Centro Comercial Ponte Vella para dar a coñecer os números en canto a socios e abonados, que xa son entrambos 1.018. Cifra que se superou o pasado domingo antes do partido ante o Piñor, onde se deron de alta como socios ou abonados 30 persoas.

O número total de socios, os donos do clube tras pagar unha couta de 100 euros, é de 355. Destos 65 estaban entre os 200 primeiros socios do tristemente desaparecido Clube Deportivo Ourense. O número de abonados é, polo tanto, de 663. Entre estos últimos hai que distinguir as diferentes categorías. Así temos 311 abonados xerais (11 deles proveñen dos convenios con Barbadás e Cidade das Burgas), 61 xubilados, 45 de entre 16 e 25 anos, 49 desempregados, 31 minusválidos (que non pagan) e 101 menores de 16 anos que tampoco abonan cuota, correspondendo o resto a carnés familiares. En total temos 871 persoas que pagaron algún tipo de carné. 

Todo un éxito que demostra que a afección está coa Unión Deportiva Ourense. Cando se puxo en marcha este proxecto nin o máis optimista podía pensar nestas cifras. Sen embargo a resposta da afección foi, e segue sendo, espectacular. Xa na primeira semana de agosto se chegou aos 200 socios e abonados, o que xa facía pensar que se podía chegar a cifras importantes, como así foi. 

Agora o obxectivo é que siga aumentando o número de persoas que se acheguen á Unión Deportiva Ourense, non sendo descabellado pensar en chegar ata os 1.200 ou 1.300 socios e abonados. Sendo os 1.500 un número máxico que nos enchería de ledicia a todos os ourensanistas. ¡OURENSE SOMOS NÓS!


miércoles, 29 de octubre de 2014

Horarios dos partidos da fin de semana da U.D.Ourense

Xa están confirmados os horarios dos partidos dos distintos equipos da Unión Deportiva Ourense. O primeiro equipo xogará o domingo, día 2 de novembre, a partires das 16,30 horas no campo do Tato ante o Barra de Miño. Unha difícil saída ante un dos favoritos para lograr o ascenso.

3ª AUTONÓMICA: Barra de Miño - U.D.Ourense: 02-11-14 ás 16,30 h. en Barra de Miño (O Tato)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: Calasancio B - U.D.Ourense: 01-11-14 ás 16,30 h. en Monforte (Escolapios)

1ª AUTONÓMICA CADETE: U.D.Ourense - Bosco: 31-10-14 ás 12,00 h. nos Salesianos

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: U.D.Ourense - Arranxar: 31-10-14 ás 16,00 h. nos Salesianos

2ª ALEVÍN F-8: U.D.Ourense - EDO B: 31-10-14 ás 19,00 h. nos Salesianos

2ª BENXAMÍN F-8: U.D.Ourense - Arranxar: 31-10-14 ás 18,00 h. nos Salesianos

1ª PREBENXAMÍN F-8: EDO - U.D.Ourense: 02-11-14 ás 10,45 h. no Campus Universitario

lunes, 27 de octubre de 2014

Votación "Xogador do mes de outubro"



Abrimos a votación para que os afeccionados da Unión Deportiva Ourense escollan ao mellor xogador do mes de outubro. Marca a túa opción no listado que hai á dereita do blog. Lembrar que o trofeo é donado pola web Galiciadeportiva e que o premio entregarase no Café Bar Miguel, patrocinador do trofeo deste mes de outubro. Deixámosvos os partidos disputados durante este mes, coas alineacións e goles marcados, ademáis doutros datos de interese:

OS CHAOS, 0 - UDO, 8

Cristian; Alberto (Dani Malvido, 46´), Xurxo, Víctor, Julio Álvarez; Valderas, Diego Soto; Cristian Fernández, Chechu, Toni (José Ángel, 46´) e Julio Salgado (Adolfo, 71´).

GOLES:

0-1 (18´): Julio Salgado
0-2 (44´): Julio Salgado de penalti
0-3 (46´): Julio Salgado
0-4 (61´): Dani Malvido
0-5 (76´): Adolfo
0-6 (79´): Adolfo
0-7 (82´): Adolfo de penalti
0-8 (84´): Chechu

UDO, 5 - ARCOS, 0

Héctor; Julio Álvarez, Xurxo, Dacosta, Lucas Nieto; Fran Álvarez (Valderas, 46´), Diego Soto; Xaco (Víctor Arias, 46´), Roberto Almeida, Adolfo (Cristian Fernández, 46´) e Julio Salgado (Chechu, 46´).

GOLES:

1-0 (10´): Adolfo de penalti
2-0 (21´): Julio Salgado
3-0 (30´): Roberto Almeida
4-0 (36´): Lucas Nieto
5-0 (40´): Julio Salgado

SALAMONDE, 1 - UDO, 3

Héctor; Víctor Arias (Toni, 63´), Xurxo, Dacosta, Lucas Nieto (Cristian Fernández, 58´); Fran Álvarez, Valderas; Xaco, Roberto Almeida (Dani Malvido, 80´), Adolfo e Chechu (José Ángel, 75´).
GOLES:

1-0 (15´) Rubio de penalti.
1-1 (22´) Dacosta
1-2 (29´) Roberto Almeida
1-3 (39´) Xaco

UDO, 7 - PIÑOR, 1

Cristian; Julio Álvarez, Xurxo (Alberto, 59´), Dacosta (José Ángel, 53´), Lucas Nieto; Fran Álvarez (Diego Soto, 22´), Valderas; Xaco, Roberto Almeida, Adolfo e Chechu (Cristian Fernández, 46´).
GOLES:

1-0 (15´): Xaco
2-0 (19´): Xaco
3-0 (31´): Adolfo de penalti
4-0 (35´): Dacosta
5-0 (41´): Xaco
6-0 (53´): Roberto Almeida
6-1 (75´): Pereira de penalti
7-1 (86´): Roberto Almeida

PARTIDOS XOGADOS:

4: Adolfo, Chechu, Cristian Fernández, Valderas e Xurxo
3: Julio Álvarez, Diego Soto, Dacosta, Lucas Nieto, Fran Álvarez, Xaco, Roberto Almeida, Víctor Arias e José Ángel

GOLES:

5: Adolfo (3 penalti) e Julio Salgado (1 penalti)
4: Roberto Almeida e Xaco
2: Dacosta
1: Chechu, Dani Malvido e Lucas Nieto

Resultados da canteira

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: U.D.Ourense, 2 - Pabellón C, 5

1ª AUTONÓMICA CADETE: Velle B, 1 - U.D.Ourense, 3

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: Velle, 2 - U.D.Ourense, 1

2ª ALEVÍN F-8: Calasancio C, 10 - U.D.Ourense, 0

2ª BENXAMÍN F-8: U.D.Ourense, 5 - Pabellón Pr. B, 6

1ª PREBENXAMÍN F-8: U.D.Ourense, 1 - Monforte, 8

Nova goleada, 7-1 ao Piñor

Nova goleada nos Remedios. Foto Faro de Vigo

A Unión Deportiva Ourense continúa coa súa xeira de vitorias. Nesta ocasión a súa vítima foi o Piñor, que acabou goleado por 7-1. Os ourensanistas xa sentenciaron o encontro na primeira metade, onde o marcador xa sinalaba un contundente 5-0 para os locais.

Os moitos afeccionados que se achegaron ata o campo "Miguel Ángel" dos Remedios volveron a disfrutar dun bo partido dos homes de Antonio Dacosta, que sempre buscan a vitoria polo camiño do bo fútbol. As triangulacións e os bos pases á espalda dos defensores visitantes enseguida deron os seus froitos.

Despois de que Xaco estrelara un balón no longueiro aos 5 minutos e de que Adolfo enviara fóra por moi pouco un remate sobre a portería visitante foi Xaco o que abriu o marcador ao superar ao porteiro visitante na súa saída tras gran pase de Adolfo. As chegadas dos ourensanistas eran constantes ante un Piñor que saliu ao campo con atrevimento pero que apenas puxo en apuros a porta defendida, nesta ocasión, por Cristian.

O festival anotador continuou cos goles de Xaco de cabeza ao resolver un barullo na área do Piñor, Adolfo de penalti cometido sobre Lucas Nieto, Dacosta de falta ao superar ao porteiro cun tiro raso  por debaixo da barreira e novamente de Xaco, que puxo o 5-0 ao que se chegou ao final da primeira metade.

O único lunar deste primeiro tempo foi a lesión de Fran Álvarez que foi sustituido por Diego Soto, que reaparecía superada a microrrotura de fibras que padecía.

Co partido resolto a segunda metade tivo como protagonista a Roberto Almeida que anotou outros dous tantos. Entrambos o Piñor recurtou distancias grazas a un penalti.

Tres novos puntos que afianzan o liderato coa vista posta no partido da próxima fin de semana en Barra de Miño ante o terceiro clasificado. Un equipo que tan só perdeu un partido, precisamente ante o Piñor por 4-2 a semana pasada, e que é outro dos grandes favoritos para o ascenso de categoría.

Alineación da U.D.Ourense: Cristian; Julio Álvarez, Xurxo (Alberto, 59´), Dacosta (José Ángel, 53´), Lucas Nieto; Fran Álvarez (Diego Soto, 22´), Valderas; Xaco, Roberto Almeida, Adolfo e Chechu (Cristian Fernández, 46´).

GOLES:

1-0 (15´): Xaco
2-0 (19´): Xaco
3-0 (31´): Adolfo de penalti
4-0 (35´): Dacosta
5-0 (41´): Xaco
6-0 (53´): Roberto Almeida
6-1 (75´): Pereira de penalti
7-1 (86´): Roberto Almeida



domingo, 26 de octubre de 2014

Previa do U.D.Ourense - Piñor


Xa estamos ás portas do sétimo partido ligueiro da Unión Deportiva Ourense. Nesta ocasión o rival é a S.D. Piñor. Clube representativo do concello de Piñor, ao norte da comarca do Carballiño.

A S.D. Piñor fundouse no ano 2009. Despois de tres tempadas conseguiu o ascenso a 2ª autónomica, descendendo a tempada seguinte e manténdose ata agora na 3ª.

Esta tempada parten coa ilusión do ascenso a pesares de contar con nulo apoio institucional, tendo que xogar os seus partidos no campo de Maside ao non dispor no Concello dun propio onde xogar os seus partidos como local. Subsisten grazas ás aportacións dos, aproxidamamente, 150 socios e das aportacións da hostelería e empresas da zona.

Actualmente ocupan o sétimo posto da clasificación. Gañaron dous partidos, empataron dous e perderon un, encaixando 8 goles e marcando 10.

Aínda non coñecen a derrota a domicilio. Gañaron a Os Chaos por 1-2 e empataron en Salamonde a un gol.

No seu campo perderon ante o Ribadavia At. (0-1) e empataron ante o Arcos a tres goles. A xornada pasada deron a gran sorpresa ao derrotar ao Barra de Miño por 4-2, equipo que gañara todos os seus partidos ata ese momento.

Polo que respecta aos ourensanistas destaca a inclusión de Diego Soto na lista de convocados tras recuperarse da súa microrrotura, polo que é moi probable que xogue uns minutos ante o Piñor. O que aínda non é aconsellable que reapareza é o dianteiro centro Julio Salgado.

De non mediar ningún contratempo a alineación da Unión Deportiva Ourense será a formada por: Cristian na portería (continúan as rotacións neste posto); Julio Álvarez (volve ao once inicial), Xurxo, Dacosta e Lucas Nieto en defensa; Valderas e Fran Álvarez como mediocentros; Xaco e Adolfo nas bandas; Roberto Almeida na mediapunta e Chechu como punta de lanza. No banco estarán Héctor, Alberto, José Ángel, Cristian Fernández e Diego Soto.

sábado, 25 de octubre de 2014

Xogador do mes


Este mes de outubro poremos en marcha o trofeo "Xogador do mes" da Unión Deportiva Ourense. Dende o luns os afeccionados poderán votar neste blog por o xogador que, ao seu xuizo, foi o mellor do mes de outubro, tendo en conta os catro partidos disputados durante o mesmo: Os Chaos, 0 - UDO, 8; UDO, 5 - Arcos, 0; Salamonde, 1 - UDO, 3 e o do domingo perante o Piñor. Os votantes escollerán un xogador de entre os candidatos propostos.

No mes de novembro o trofeo, donado pola web Galiciadeportiva, seralle entregado ao gañador no Cafe Bar Miguel, patrocinador do "Xogador do mes de outubro". Esperamos a vosa participación.


viernes, 24 de octubre de 2014

Bermello patrocinador principal da U.D.Ourense


Onte celebrouse unha rolda de prensa no Centro Comercial Ponte Vella no que se deu a coñecer que a empresa Bermello será o patrocinador principal da Unión Deportiva Ourense, lucindo o seu nome na camiseta do clube. O acordo é para dúas tempadas.

Unha grande nova que unha empresa ourensá, do prestixio e tradición de Bermello, sexa o principal patrocinador do clube. Co valor engadido que supón que unha figura como Jorge Bermello Fernández, ex presidente de Clube Deportivo Ourense nos anos 80, apoie deste xeito a este proxecto que día a día gaña en credibilidade e apoios.

Pero non será só Bermello o que patrocine as equipacións do equipo. Outras empresas ourensás tamén apoian a Unión Deportiva Ourense e estarán presentes nesta histórica primeira equipación do clube. Ditas empresas serán dadas a coñecer a próxima semana.  

miércoles, 22 de octubre de 2014

Horarios dos partidos da fin de semana da U.D.Ourense

Xa están confirmados os horarios para os partidos da fin de semana de todos os equipos que forman a Unión Deportiva Ourense. Destacar que o primeiro equipo xogará de novo no desterro do campo dos Remedios o domingo as 16,30 horas fronte a S.D.Piñor. Sorte a todos.

3ª AUTONÓMICA: U.D.Ourense - Piñor: 26-10-14 ás 16,30 h. nos Remedios

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: U.D.Ourense - Pabellón C: 26-10-14 ás 12,00 h. nos Salesianos

1ª AUTONÓMICA CADETE: Velle B - U.D.Ourense: 26-10-14 ás 10,00 h. en Velle (Campo da Aira)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: Velle - U.D.Ourense: 26-10-14 ás 12,00 h. en Velle (Campo da Aira)

2ª ALEVÍN F-8: Calasancio C - U.D.Ourense: 25-10-14 ás 10,45 h. en Monforte (Escolapios)

2ª BENXAMÍN F-8: U.D.Ourense - Pabellón Pr. B: 25-10-14 ás 10,00 h. nos Salesianos

1ª PREBENXAMÍN F-8: U.D.Ourense - Monforte: 26-10-14 ás 10,00 h. nos Salesianos

lunes, 20 de octubre de 2014

Líderes en solitario tras vencer en Salamonde por 1-3

Xaco anota o 1-3. Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

A Unión Deportiva Ourense segue coa súa racha de triunfos coa vitoria en Salamonde por 1-3. Unha vitoria que unida a derrota do Barra de Miño diante do Piñor por 4-2 permite ao Ourense situarse líder en solitario.

O partido comezou con susto. Ao cuarto de hora o Salamonde adiantouse grazas a un penalti máis que dubidoso. Era a primeira vez na tempada, e na súa historia, que a Unión Deportiva Ourense partía con desvantaxa no marcador. O 1-0 sacou o mellor da Unión Deportiva Ourense que se volcou na procura da remontada.

Dacosta, no minuto 22, devolveu a igualdade ao marcador ao transformar unha falta cometida sobre Adolfo na frontal da área. O potente lanzamento do central ourensán superou ao porteiro local e supuxo a súa estrea como goleador e a tranquilidade para o equipo. Oito minutos despois Roberto Almeida deulle a volta ao marcador ao revolverse con axilidade na área local. Sentenciou o partido Xaco ao culminar unha gran xogada que comezou cun pase de Dacosta dende a defensa hacia Adolfo. O capitán ourensanista puxo un gran centro dende a banda esquerda que o extremo non desaproveitou.

Na segunda metade continuou o dominio ourensanista que non se traduxo en gol por falta de puntería dos xogadores da Unión. O Salamonde apenas se acercou aos dominios de Héctor. Tan só moi preto do final conseguiron trenzar unha boa xogada que acobou cun remate ao pao. Bo triundo nun campo complicado superando o gol inicial dos locais.

Pola Unión Deportiva Ourense xogaron: Héctor; Víctor Arias (Toni, 63´), Xurxo, Dacosta, Lucas Nieto (Cristian Fernández, 58´); Fran Álvarez, Valderas; Xaco, Roberto Almeida (Dani Malvido, 80´), Adolfo e Chechu (José Ángel, 75´).

GOLES:

1-0 (15´) Rubio de penalti.
1-1 (22´) Dacosta
1-2 (29´) Roberto Almeida
1-3 (39´) Xaco

sábado, 18 de octubre de 2014

Previa do Salamonde - U.D.Ourense


A Unión Deportiva Ourense viaxa ata Salamonde, no concello de San Amaro, coa intención de sumar a sexta vitoria consecutiva e seguir mantendo o liderato. O partido comezará ás 16,30 horas do domingo.

Antonio Dacosta tan só pode contar con 16 xogadores para este encontro, os xustos para formar unha convocatoria que está integrada polos seguintes homes: Adolfo, Cristian, Cristian Fernández, Chechu, Dacosta, Dani Malvido, Fran Álvarez, Héctor, José Ángel, Lucas Nieto, Roberto Almeida, Toni, Valderas, Víctor Arias, Xaco e Xurxo.

Son baixa Fabio (recuperándose da súa lesión), Diego Soto (microrrotura no sóleo), Julio Salgado (lesión no tendón de Aquiles), Santi (sobrecarga), Julio Álvarez (motivos laborais) e Alberto (motivos persoais).

Xa que logo o once inicial sería o formado por Héctor; Víctor Arias, Xurxo, Dacosta, Lucas Nieto; Fran Álvarez, Valderas; Xaco, Roberto Almeida, Adolfo e Chechu. No banco estarán Cristian, José Ángel, Cristian Fernández, Dani Malvido e Toni.

Son novidade no once Víctor Arias que entra por Julio Álvarez no lateral dereito, Valderas por Diego Soto no centro do campo e Chechu por Julio Salgado na punta do ataque.

Enfronte estará un Salamonde que marcha na décima posición con catro puntos despois de sumar unha vitoria, un empate e dúas derrotas, con 8 goles a favor e 10 en contra despois de 4 partidos. Na casa gañaron aos Chaos por 5-0 na primeira e xornada e empataron co Piñor (1-1), caendo nos dous desprazamentos, ante o Arcos por 3-1 e o Barra de Miño por 6-1. 

miércoles, 15 de octubre de 2014

Horarios dos partidos da U.D.Ourense para a fin de semana

Xa están confirmados os horarios para os partidos da fin de semana de todos os equipos que forman a Unión Deportiva Ourense. Destacar que o primeiro equipo xogará en Salamonde o domingo 19 de outubro ás 16,30 horas. Sorte a todos.

3ª AUTONÓMICA: Salamonde - U.D.Ourense: 19-10-14 ás 16,30 h. en Salamonde (A Lamela)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: Arenteiro B - U.D.Ourense: 18-10-14 ás 17,15 h. no Carballiño (A Uceira)

1ª AUTONÓMICA CADETE: U.D.Ourense - Calasancio B: 18-10-14 ás 12,00 h. nos Salesianos

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: U.D.Ourense - Calasancio B: 18-10-14 ás 10,00 h. nos Salesianos

2ª ALEVÍN F-8: U.D.Ourense - Ourense C.F. B: 19-10-14 ás 11,30 h. nos Salesianos

2ª BENXAMÍN F-8: Descansa esta semana.

1ª PREBENXAMÍN F-8: Velle - U.D.Ourense: 18-10-14 ás 11,00 h. en Velle (Campo da Aira)

martes, 14 de octubre de 2014

Adolfo segue sendo o máximo goleador, pero Julio Salgado apreta

Julio Salgado está en racha. Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

No resumo semanal das estatísticas dos nosos xogadores destaca a loita goleadora entre Adolfo, Julio Salgado e Roberto Almeida. Os tres marcaron ante o Arcos, facendoo Julio por partida doble, o que o deixa a un só gol de Adolfo. Pola súa banda Xurxo segue xogando todos os minutos.

GOLEADORES:

1.- Adolfo: 7 (4 de penalti)
2.- Julio Salgado: 6 (1 de penalti)
3.- Roberto Almeida: 5
4.- Xurxo: 3
5.- Xaco: 3
6.- Chechu: 2

MÁIS MINUTOS XOGADOS:

1.- Xurxo: 450 (os 5 partidos completos)
2.- Julio Salgado: 347
3.- Diego Soto: 345
4.- Julio Álvarez: 328
5.- Dacosta: 321
6.- Adolfo: 321

MAÍS PARTIDOS XOGADOS:

1.- Xurxo: 5
2.- Julio Salgado: 5
3.- Adolfo: 5
4.- Víctor Arias: 5
5.- Chechu: 5

MÁIS VECES TITULAR:

1.- Xurxo: 5
2.- Julio Salgado: 5
3.- Adolfo: 4
4.- Diego Soto: 4
5.- Julio Álvarez: 4
6.- Dacosta: 4
7.- Roberto Almeida: 4
8.- Xaco: 4

MÁIS VECES AMONESTADOS:

1.- Adolfo: 1
2.- Fran Álvarez: 1
3.- Roberto Almeida: 1
4.- Víctor Arias: 1

lunes, 13 de octubre de 2014

Seguimos entregando carnés de socios e abonados

Dende a UD Ourense queremos informar que este mércores, día 15 de outubro, estaremos na cafetería Pabellón, no Pavillón dos Remedios, de 18 a 21h, para seguir entregando os carnés de socios e abonados que xa están feitos, e para seguir facendo novos socios e abonados.

Resultados da canteira

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: U.D.Ourense, 2 - Monforte, 2

1ª AUTONÓMICA CADETE: Arenteiro, 4 - U.D.Ourense, 1

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: Arenteiro, 6 - U.D.Ourense, 0

2ª ALEVÍN F-8: Chantada, 7 - U.D.Ourense, 0

2ª BENXAMÍN F-8: U.D.Ourense, 5 - Escola Deportiva Ourense B, 2

1ª PREBENXAMÍN F-8: U.D.Ourense, 2 - Santa Teresita, 11 

Non foi un xornada positiva. O máis destacado a vitoria do equipo Benxamín que se coloca líder empatado co Velle con dúas victorias en dous partidos. Pola súa banda o equipo Xuvenil non puido pasar do empate co Monforte despois dun trepidante final. Un penalti no último minuto frustrou a remontada dos ourensanistas.

Vitoria sobre o Arcos (5-0) tras un primoroso primeiro tempo

Celebrando un dos goles. Foto Galicia Deportiva
A Unión Deportiva Ourense venceu con claridade ao Arcos por 5-0. A vitoria fraguose nunha primeira metade pletórica dos ourensanistas na que marcaron cinco goles e que puideron ser moitos máis.

O partido comezou cunha choiva torrencial, que sobre a portería de Carlos, o gardarredes visitante, se fixo aínda máis forte cos continuos ataques dos ourensanistas. O porteiro visitante evitou varios goles coas súas paradas pero, aínda así, viuse superado en cinco ocasións.

A choiva de goles comezou cedo. Aos 10 minutos Julio Salgado foi derrubado na área e o conseguinte penalti transformouno coa maestría habitual Adolfo. Co Ourense desbocado Julio Salgado anouto o 2-0 once minutos despois rematando no segundo pao unha falta botada por Roberto Almeida. O propio Almeida fixo o 3-0 nunha fermosa xogada persoal na media hora de xogo. No minuto 36 Lucas Nieto anotaba un golazo ao recoller un rexeite do porteiro visitante e a cinco minutos para o descanso Julio Salgado repetía colocando o balón na escadra da portería visitante.


Na segunda metade parou a choiva atmosférica e a ourensanista. Con catro trocos no descanso e o marcador decidido o xogo non foi tan fluido e non chegaron máis goles, aínda que o dominio seguiu sendo totalmente da Unión Deportiva Ourense. Dacosta, cun lanzamento de falta, e Chechu atoparonse cos paos da portería de Carlos evitando que o marcador se movera nesta segunda metade.

Novo triunfo que permite aos ourensanistas seguir na cabeza da táboa, empatado a puntos cun Barra de Miño que tampouco cede e que goleou por 6-1 ao Salamonde, o noso próximo rival.

ALINEACIÓN DA U.D.OURENSE:

Héctor; Julio Álvarez, Xurxo, Dacosta, Lucas Nieto; Fran Álvarez (Valderas, 46´), Diego Soto; Xaco (Víctor Arias, 46´), Roberto Almeida, Adolfo (Cristian Fernández, 46´) e Julio Salgado (Chechu, 46´).

GOLES:

1-0 (10´): Adolfo de penalti
2-0 (21´): Julio Salgado
3-0 (30´): Roberto Almeida
4-0 (36´): Lucas Nieto
5-0 (40´): Julio Salgado

sábado, 11 de octubre de 2014

Previa do U.D.Ourense - Arcos F.C.


Chega aos Remedios o Arcos, equipo representativo da poboación do mesmo nome situada ao carón do Carballiño, concello ao que pertence. Arcos é coñecido por ser terra de "pulpeiras" e "pulpeiros", sendo a súa poboación de pouco máis de 200 habitantes.

O Arcos F.C. ocupa o décimo posto da clasificación con 4 puntos, aínda que tan só xogou tres partidos xa que descansou na primeira xornada. Fóra da casa empatou en Piñor (3-3) e na casa gañoulle ao Salamonde por 3-1 e perdou ante o Barra de Miño por 1-2, este último partido xogado a semana pasada, cun total de 7 goles a favor e 6 en contra. A tempada pasada finalizou na sétima posición, na zona morna da táboa clasificatoria.

Antonio Dacosta, adestrador da Unión Deportiva Ourense, realizou a seguinte convocatoria para este partido: Héctor, Cristian, Julio Álvarez, Dacosta, Xurxo, Lucas Nieto, Valderas, Xaco, Diego Soto, Julio Salgado, Roberto Almeida, Adolfo, Víctor Arias, Cristian Fernández, Fran Álvarez e Chechu. Quedan fóra por problemas físicos Fabio e Toni, mentras que José Ángel é baixa por motivos persoais.

En canto ao once inicial volverán, con respecto ao partido da semana pasada ante Os Chaos: Héctor, Dacosta, Lucas Nieto, Roberto Almeida, Adolfo e Xaco; coa única dúbida de Fran Álvarez ou Valderas no doble pivote. Xa que logo o once que xogará ante o Arcos será o seguinte: Héctor; Julio Álvarez, Xurxo, Dacosta, Lucas Nieto; Fran Álvarez ou Valderas, Diego Soto; Xaco, Roberto Almeida, Adolfo e Julio Salgado. No banco esperarán a súa oportunidade: Cristian, Víctor Arias, Cristian Fernández, Chechu e Fran Álvarez ou Valderas.

viernes, 10 de octubre de 2014

Xa están listos os carnés da U.D.Ourense

Os primeiros carnés de socios e abonados da historia da Unión Deportiva Ourense xa están preparados. Mañán sábado xa se poderán recoller. Estarán dispoñibles na Cafetería Pabellón  dende as 17,00 as 20,00 horas. Para recoller o carné é necesario o DNI ou o recibo. Lembrar que ás 17,00 horas tamén se xogará o partido de fútbol sala feminino entre o Cidade de As Burgas, clube co que temos un convenio de colaboración, e o Móstoles.

O domingo, día do partido fronte ao Arcos, tamén se entregarán os carnés. Dende as 15,00 horas e ata pouco antes do comezo do partido (17,00 horas) pódense recoller, e tamén despois de rematar o encontro. Pregase a todos os socios e abonados que non deixen para última hora a recollida do carné.

Tamén lembramos que, tanto sábado como domingo, seguiremos facendo novos socios e abonados.

miércoles, 8 de octubre de 2014

Estatísticas da U.D.Ourense

Adolfo máximo goleador. Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

Imos facer un pequeno resumo das estatísticas dos xogadores da Unión Deportiva Ourense nestas catro primeiras xornadas de liga.

GOLEADORES:

1.- Adolfo: 6 (3 de penalti)
2.- Roberto Almeida: 4
3.- Julio Salgado: 4 (1 de penalti)
4.- Xurxo: 3
5.- Xaco: 3
6.- Chechu: 2

MÁIS MINUTOS XOGADOS:

1.- Xurxo: 360 (os 4 partidos completos)
2.- Julio Salgado: 302
3.- Adolfo: 276
4.- Diego Soto: 270
5.- Víctor Arias: 249
6.- Julio Álvarez: 238

MAÍS PARTIDOS XOGADOS:

1.- Xurxo: 4
2.- Julio Salgado: 4
3.- Adolfo: 4
4.- Víctor Arias: 4
5.- Chechu: 4
6.- Alberto: 4

MÁIS VECES TITULAR:

1.- Xurxo: 4
2.- Julio Salgado: 4
3.- Adolfo: 3
4.- Diego Soto: 3
5.- Víctor Arias: 3
6.- Julio Álvarez: 3
7.- Dacosta: 3
8.- Roberto Almeida: 3
9.- Xaco: 3

MÁIS AMONESTADOS:

1.- Adolfo: 1
2.- Fran Álvarez: 1
3.- Roberto Almeida: 1
4.- Víctor Arias: 1


Horarios dos partidos da U.D.Ourense para a fin de semana

Xa están confirmados os horarios para os partidos da fin de semana de todos os equipos que forman a Unión Deportiva Ourense. Mentres esperamos polo Couto o primeiro equipo recibirá nos Remedios ao Arcos F.C. o domingo a partires das 17,00. Na mañá do sábado gran actividade nos Salesianos con tres partidos das categorías inferiores:

3ª AUTONÓMICA: U.D.Ourense - Arcos F.C.: 12-10-14 ás 17,00 h. nos Remedios

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: U.D.Ourense - Monforte: 11-10-14 ás 12,00 h. nos Salesianos

1ª AUTONÓMICA CADETE: Arenteiro - U.D.Ourense: 11-10-14 ás 18,00 h. no Carballiño (A Uceira)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: Arenteiro - U.D.Ourense: 11-10-14 ás 10,30 h. no Carballiño (A Uceira)

2ª ALEVÍN F-8: Chantada - U.D.Ourense: 12-10-14 ás 10,00 en Chantada (Sangoñedo)

2ª BENXAMÍN F-8: U.D.Ourense - Escola Deportiva Ourense B: 11-10-14 ás 10,30 h. nos Salesianos

1ª PREBENXAMÍN F-8: U.D.Ourense - Santa Teresita: 11-10-14 ás 10,30 h. nos Salesianos

martes, 7 de octubre de 2014

Convenio co Cidade de As Burgas F.S.


Dentro da súa política de acercamento e colaboración cos clubes máis importantes e representativos da cidade e da provincia de Ourense a Unión Deportiva Ourense asinou un convenio de colaboración co Cidade de As Burgas Fútbol Sala.

Este clube está a realizar unha gran labor coa canteira e tamén unha gran tempada na máxima categoría de fútbol sala feminino, marchando na tercera posición despois de terse disputadas catro xornadas.

Grazas a este convenio os socios e abonados de ambos conxuntos disfrutarán de descontos do 50% nos prezos das entradas e dos carnés de ambos equipos. Ademáis ambos clubes comprométense a colaborar na disputa de partidos amigables e torneos, na organización de actos sociais que redunden no beneficio dos máis desfavorecidos, ademáis de colaborar en temas deportivas a nivel da base, un dos pilares básicos de ambos clubes.

Asimesmo a Unión Deportiva Ourense colaborará na creación dunha peña do Cidade das Burgas F.S., na que animamos a participar aos nosos afeccionados.

Esperemos que este convenio sexa beneficioso para ambas partes e que de aquí xurda unha colaboración que perdure no tempo.

lunes, 6 de octubre de 2014

Resultados dos equipos da canteira

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: Barco, 1 - U.D.Ourense, 2


1ª AUTONÓMICA CADETE: U.D.Ourense, 4 - Monforte, 0 

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: U.D.Ourense, 0 - Chantada, 6

2ª ALEVÍN F-8: U.D.Ourense, 1 - Nogueira de Ramuín, 4

2ª BENXAMÍN F-8: Calasancio B, 4 - U.D.Ourense, 6

1ª PREBENXAMÍN F-8: Pabellón, 12 - U.D.Ourense, 0

domingo, 5 de octubre de 2014

Cuarta vitoria consecutiva: 0-8 ante Os Chaos

Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

Todo o mundo daba por feito que a Unión Deportiva Ourense golearía aos Chaos, un rival peculiar no que o único importante é xogar ao fútbol, pasando o resultado a un segundo plano. Era obrigada unha vitoria holgada e así se produxo. Os ourensanistas acabaron vencendo por un contundente 0-8, que puido ser moito maior de ter máis afinado o punto de mira.

As ocasións sucedéronse sobre a portería local ao longo dos 90 minutos sen que o equipo do incrible Pego, xogou o primeiro tempo con 70 anos, conseguira disparar sobre a porta de Cristian ata o minuto 85. Pese ao total dominio da Unión os goles resistíronse nesta primeira metade. Entre o porteiro local (un defensa reconvertido que debeu ser expulsado ata en dúas ocasións), o longueiro (dous balón estreláronse nel) e a falta de puntería chegouse ao descanso con 0-2. Julio Salgado por partida dobre foi, moi bo partido o seu, foi o goleador. Abriu o marcador no minuto 21 ao superar ao porterio cunha perfecta vaselina e puxo 0-2 no 44 ao transformar un penalti cometido sobre él mesmo.

No segundo tempo aínda foi máis evidente a superioridade ourensanista ao faltarlle fuelle aos xogadores dos Chaos. Julio Salgado fixo o seu primeiro hat trick nada máis comezar a segunda metade gracias a xenerosidade de David Valderas que se lle deu o gol en bandexa. A nova fichaxe da Unión fixo un bo partido, indo de menos a máis. Complementouse moi ben cun excelso Diego Soto (deu todo un recital de fútbol na Penafita) e xogando de media punta na segunda metade regalou dúas asistencias de gol aos seus compañeiros.

Despois do hat trick de Julio Salgado Dani Malvido fixo o 0-4, dando o paso a un novo hat trick, esta vez na figura de Adolfo, que saltou ao campo no minuto 71, e once minutos despois xa marcara tres goles, un deles de penalti. Todo un luxo contar con este extraordinario xogador no equipo. Pechou o marcador Chechu como premio a súa constante loita sobre o terreo de xogo.

Novo triunfo que serve para manterse no liderato ante unha afección que volveu a acompañar en bo número ao equipo a pesares de ter que pasar por taquilla e de disputarse o partido nun horario pouco habitual.

Pola Unión Deportiva Ourense xogaron: Cristian; Alberto (Dani Malvido, 46´), Xurxo, Víctor, Julio Álvarez; Valderas, Diego Soto; Cristian Fernández, Chechu, Toni (José Ángel, 46´) e Julio Salgado (Adolfo, 71´).

GOLES:

0-1 (18´): Julio Salgado
0-2 (44´): Julio Salgado de penalti
0-3 (46´): Julio Salgado
0-4 (61´): Dani Malvido
0-5 (76´): Adolfo
0-6 (79´): Adolfo
0-7 (82´): Adolfo de penalti
0-8 (84´): Chechu

sábado, 4 de octubre de 2014

A pola cuarta vitoria ante Os Chaos

A Unión Deportiva Ourense viaxa a Amoeiro para enfrentarse aos Chaos, un dos clubes más peculiares do fútbol ourensán. Os homes adestrados por Antonio Dacosta buscarán o cuarto triunfo consecutivo que os manteña no máis alto da clasificación.

Para este encontro Dacosta ten varias baixas e dúbidas. Non estarán na Penafita Ramón Dacosta, Fran Álvarez, Roberto Almeida e Xaco por diversos motivos; sendo dúbidas Lucas Nieto e Adolfo. O que si poderá debutar será David Valderas, que xa está a disposición do técnico ourensanista.

Esperamos outro desprazamento masivo de seguidores ourensanistas para darlle ánimos aos nosos xogadores e colorido ao campo da Penafita.

jueves, 2 de octubre de 2014

Os Chaos, un rival peculiar


Pepe Pego, a alma dos Chaos (Foto: Santi M. Amil - La Voz de Galicia)


O C.F. Os Chaos, o noso próximo rival, é un deses casos que fan deste deporte algo especial. Fundado no ano 1984 sempre militou na 3ª Autonómica, a última categoría do fútbol, e teñen en alta estima ser considerados o pior equipo de España.

Clube de récords negativos estivo casi catro anos sen gañar un partido. O 25 de marzo de 2007 vencera a domicilio ao Rayo Pontino por 0-2. Despois unha longa seca de partidos sen  coñecer a vitoria, chegando a encadear 96 derrotas e 2 empates, marcando 75 goles e encaixando 515, ata que o 28 de novembro de 2010 derrotaron ao Cenlle na Penafita de Amoeiro por 2-0, un resultado que provocou o cese do adestrador visitante.

Os Chaos non se entenderían sen a figura de José Manuel Rodríguez Nóvoa "Pego". Fundador, presidente, adestrador e xogador do equipo. Aos seus 70 anos segue disfrutando do fútbol sacando adiante o club e vestíndose de corto cada domingo. Nesta recén comezada tempada xogou todos os partidos ata o momento. Todo un exemplo de constancia e pundonor.

Nesta recén comezada tempada non parece que a traxectoria do equipo de Amoeiro vaia a ser moi distinta da súa liña histórica. Son últimos despois de peder os tres partidos disputados. Fóra da casa foron goleados por Salamonde (5-0) e Barra de Miño (6-1), perdendo na Penafita ante o Piñor por 1-2. Na Copa Deputación foron machacados polo Peroxa por 1-18.

Pero os resultados nunca foron importantes para Pego e os seus compañeiros. O que conta son as gañas de facer deporte, de participar e de seguir activos e con ilusión. A eso ninguén lle gaña a Pepe Pego e a Os Chaos.

miércoles, 1 de octubre de 2014

Jorge Novoa, "Jorge Llovizna", deixa o equipo

O dianteiro Jorge Novoa "Jorge Llovizna" causa baixa na U.D.Ourense. Motivos laborais levan a este xogador a deixar o clube co que aínda non poidera debutar por motivos persoais.
Desexámoslle toda a sorte do mundo.

Horarios dos partidos da fin de semana da U.D.Ourense


Xa están confirmados os horarios para os partidos da fin de semana de todos os equipos que forman a Unión Deportiva Ourense. Destacar que o primeiro equipo xogará en Amoeiro contra Os Chaos o sábado 4 de outubro ás 16,45 horas, e tamén que comeza a competición dos máis pequenos do club nas categorías Alevín, Benxamín e Prebenxamín. Sorte a todos.

3ª AUTONÓMICA: Os Chaos - U.D.Ourense: 4-10-14 ás 16,45 h. en Amoeiro (Penafita)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL: Barco - U.D.Ourense: 5-10-14 ás 11,00 h. no Barco (Villoira)

1ª AUTONÓMICA CADETE: U.D.Ourense - Monforte: 4-10-14 ás 10,00 h. nos Salesianos

1ª AUTONÓMICA INFANTIL: U.D.Ourense - Chantada: 4-10-14 ás 12,00 h. nos Salesianos

2ª ALEVÍN F-8: U.D.Ourense - Nogueira de Ramuín: 5-10-14 ás 12,00 h. nos Salesianos

2ª BENXAMÍN F-8: Calasancio B - U.D.Ourense: 5-10-14 ás 12,00 h. en Monforte (Escolapios)

1ª PREBENXAMÍN F-8: Pabellón - U.D.Ourense: 4-10-14 ás 11,45 h. nos Remedios