viernes, 14 de noviembre de 2014

Presentación de patrocinadores das camisetas

Foto Brais Lorenzo (Faro de Vigo)

Onte tivo lugar no Centro Comercial Ponte Vella a presentación dos patrocinadores que estamparán o seu nome nas novas camisetas da Unión Deportiva Ourense, ademáis de Bermello, patrocinador principal e que xa foi presentado con anterioridade.

As firmas Asine Xestión, Café Bar Miguel, Lisardo Dorribo e Ourense a provincia termal (a través da Deputación de Ourense) son as que acompañarán a Bermello nesta histórica primeira camiseta do clube. Asine Xestión e Café Bar Miguel figurarán nas mangas, mentres que Lisardo Dorribo e Ourense a provincia termal mostraranse na parte posterior da mesma.

Dende o clube non queda máis que darlle as grazas polo seu apoio e colaboración. Este clube será o que a sociedade ourensana queira, tanto a nivel de afeccionados como de empresas. Polo de agora a resposta está sendo sensacional, esperemos que se manteña no futuro para que a Unión Deportiva Ourense continúe medrando e acadando categorías superiores.

As novas camisetas estarán dispoñibles a principios de decembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario