domingo, 2 de noviembre de 2014

Máis líderes despois de gañar en Barra de Miño (0-4)


A Unión Deportiva Ourense abre oco na cabeza da clasificación despois de gañar en Barra de Miño por 0-4. Agora os ourensanistas encabezan a clasificación con cinco puntos de vantaxe sobre o Palmés (que empatou en Ribadavia a dous goles) e nove sobre o Barra de Miño, aínda que estos dous equipos xa tiveron a súa xornada de descanso.

Os homes de Antonio Dacosta acudían ao campo de O Tato para enfrontarse a un dos mellores equipos da categoría nun campo de terra, pequeno, e que non estaba nas mellores condicións debido á choiva destes días. Como se esperaba os locais sairon revolucionados e tiveron a primeira clara ocasión aos cinco minutos, enviando o balón por riba da portería de Cristian cando o seu dianteiro tentou facer unha vaselina.

A Unión Deportiva Ourense, de novo acompañada por unha fiel afección que encheu o Tato, foi impoñendo o seu fútbol empregándose coas mesmas gañas que o Barra de Miño. No minuto 16 conseguiron adiantarse no marcador e, deste xeito, frear o ímpetu local. Gran pase de Valderas a Adolfo, que estaba situado na posición de extremo dereito, perfecto control do capitán ourensanista que puxo un gran centro que pelexou Julio Salgado, caéndolle o balón a Roberto Almeida que só tivo que empurralo ao fondo da portería local.

Con vantaxa no marcador o dominio da Unión Deportiva Ourense fíxose máis acentuado, logrando outros dous goles ao aproveitarse de rexeites dentro da área tras dous perigosos centros. Lucas Nieto e Xaco anotaron os goles sentenciando o partido no primeiro tempo.

Na segunda metade baixou o ritmo e a intensidade do partido, pechando o marcador Ramón Dacosta ao transformar un lanzamento de falta, o seu terceiro gol que anota deste xeito de forma consecutiva. Antonio Dacosta moveu o banco para repartir os minutos e dosificar esforzos, finalizando o encontro sen máis goles a pesares de que ambos equipos seguirono intentando sin sorte.

Pola Unión Deportiva Ourense xogaron: Cristian; Julio Álvarez, Xurxo, Dacosta (Alberto, 63´), Lucas Nieto; Valderas, Diego Soto (Cristian Fernández, 55´); Xaco, Roberto Almeida (Chechu, 60´), Adolfo (Dani Malvido, 67´) e Julio Salgado.

GOLES:

0-1 (16´): Roberto Almeida
0-2 (34´): Lucas Nieto
0-3 (38´): Xaco
0-4 (63´): Dacosta


No hay comentarios:

Publicar un comentario