lunes, 29 de diciembre de 2014

Elixe ao xogador do mes de decembro

Lucas Nieto foi o xogador do mes de novembro

Tan só tres partidos se disputaron neste mes, dous de Liga e un de Copa. En Liga conseguíronse sendas goleadas: 0-7 en Parada do Sil e 7-1 ao Palmés no regreso ao Couto do equipo. E na Copa Deputación pasouse de ronda ao vencer por 0-1 en Loñoá. Destes tres encontros compre salientar os seguintes datos:

Disputaron todos os minutos neste mes: Julio Álvarez, Lucas Nieto, Xaco e Xurxo.

Xogaron os tres partidos: Fran Álvarez, Julio Álvarez, Lucas Nieto, Ramón Dacosta, Roberto Almeida, Roberto Dacosta, Santi, Xaco e Xurxo.

Disputaron dous partidos: Adolfo, Alberto, Chechu, Diego Soto, Héctor, Julio Salgado, Valderas e Víctor Arias.

Os goleadores deste mes foron:

Roberto Dacosta e Santi: 3 goles
Julio Salgado e Xaco: 2 goles
Adolfo, Diego Soto, Lucas Nieto, Ramón Dacosta e Valderas: 1 gol

Estos son os resumos dos tres partidos:

PARADA DO SIL, 0 - U.D.OURENSE, 7

Alineación U.D.Ourense: Cristian; Julio Álvarez, Xurxo, Ramón Dacosta (Alberto, 65´), Lucas Nieto; Fran Álvarez (Valderas, 55´), Diego Soto; Xaco, Roberto Dacosta, Roberto Almeida (Toni, 57´) e Chechu (Santi, 60´).

GOLES:

0-1 (2´): Ramón Dacosta de penalti
0-2 (25´): Diego Soto
0-3 (63´): Valderas
0-4 (65´): Roberto Dacosta
0-5 (72´): Santi de penalti
0-6 (83´): Santi
0-7 (88´): Xaco

U.D.OURENSE, 7 - PALMÉS, 1

Alineación da U.D.Ourense: Héctor; Julio Álvarez, Xurxo, Ramón Dacosta (Víctor, 53´), Lucas Nieto; Fran Álvarez (Valderas, 51´), Diego Soto; Xaco, Roberto Dacosta (Adofo, 49´), Roberto Almeida e Julio Salgado (Santi, 56´).

Goles:

1-0 (5´): Roberto Dacosta
2-0 (18´): Lucas Nieto
3-0 (44´): Roberto Dacosta
4-0 (51´): Julio Salgado
4-1 (53´): Roque
5-1 (67´): Adolfo de penalti
6-1 (75´): Santi
7-1 (85´): Xaco

COPA DEPUTACIÓN: LOÑOÁ, 0 - U.D.OURENSE, 1

Alineación da U.D.Ourense: Héctor; Julio Alvarez, Xurxo, Ramón Dacosta, Lucas Nieto;  Fran Álvarez, Roberto Almeida (Chechu, 60´); Xaco, Roberto Dacosta (Victor Arias, 65´), Adolfo (Alberto, 85´) e Julio Salgado (Santi, 80´).

Goles:

0-1 (10´): Julio Salgado

domingo, 28 de diciembre de 2014

Sufrida vitoria en Loñoá (0-1) e adiante na Copa

Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

A Unión Deportiva Ourense conseguiu o pase á seguinte ronda da Copa Deputación B tras vencer por 0-1 ao Loñoá no campo da Carabina, que rexistrou unha gran entrada con centos de afeccionados ourensanistas que sufriron durante o partido e disfrutaron co triunfo do seu equipo.

Non foi un partido sinxelo nin cómodo para a Unión Deportiva Ourense, que aproveitou a ocasión para estrear a segunda equipación, e tivo que empregarse a fondo para derrotar ao Loñoá, un equipo (non nos esquezamos) de categoría superior. Os homes de Antonio Dacosta intentaron practicar o seu xogo de sempre, pero case nunca o conseguiron. Os xogadores do Loñoá empregáronse sen concesións de ningún tipo, incluso a veces con excesivo ímpetu, dificultando o xogo visitante.

sábado, 27 de diciembre de 2014

O Loñoá, rival na Copa Deputación


Volta a Copa Deputación B. Tras deixar na cuneta ao Santa Teresita (3-1) de 2ª Autonómica no primieiro partido oficial na historia da Unión Deportiva Ourense, agora o rival será o Loñoá, tamén de 2ª Autonómica. Nesta eliminatoria non contaremos co factor campo ao noso favor, e o partido xogarase no campo da Carabina. Un campo de herba artificial moi complicado, xa que o Loñoá tan só perdeu un partido coma local no que levamos de tempada.

Unha derrota que foi infrinxida polo Leiro, que na sétima xornada de Liga gañou por 2-3. Tanto o Arnoia como o Crespos acadaron un empate no campo da Carabina (0-0 en ambos partidos), sendo os únicos tres equipos que conseguiron un resultado positivo na súa visitia a Loñoá. 

lunes, 22 de diciembre de 2014

Festa rachada no Couto, 7-1 ao Palmés

Extraordinario aspecto da Tribuno do Couto

O fútbol voltou ao Couto da man da Unión Deportiva Ourense, e non o puido facer dun xeito mellor. Coa tribuna prácticamente chea (preto de 1.800 persoas se achegaron ata o Couto) os homes de Antonio Dacosta deron todo un recital de fútbol ante o Club Deportivo Palmés, segundo clasificado sen coñecer a derrota, ao que golearon por un contundente 7-1 entre a ledicia dos seus afeccionados que tomaron como unha festa o regreso ao Couto.

A Unión Deportiva Ourense en seguida se adaptou ás amplas dimensións do Couto e dominou dende o principio ao Club Deportivo Palmés, cuxos xogadores tiveron moitos máis problemas para afacerse ao terreo de xogo.

domingo, 21 de diciembre de 2014

Voltamos ao Couto recibindo ao Palmés

Voltamos ao Couto, a nosa casa

Volve o fútbol ao Couto, e como non podía ser doutro xeito, da man da Unión Deportiva Ourense. O acontecemento terá lugar o domingo 21 de decembro a partires das 16,00 horas e o invitando a tan magno acontecemento será o Clube Deportivo Palmés.

Tras moitos meses de loita conseguiuse que a Unión Deportiva Ourense poida xogar no Couto ante os seus afeccionados. Todo un agasallo de Nadal. Polo de agora dun xeito provisional, pero esperemos que pronto se asine o acordo que permita xogar no estadio do Couto de forma definitiva.

domingo, 14 de diciembre de 2014

A U.D.Ourense golea no barro

Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

Os ourensanistas seguen intratables. A súa última vítima foi o Parada do Sil, goleado por 0-7 nos Torgás. Nun campo encharcado e embarrado, que co paso dos minutos se puña cada vez máis impracticable, os homes de Antonio Dacosta volveron impor a súa lei a base de calidade, pero tamén de loita, baixándose ao barro sen complexos. Unindo aptitude e actitude a Unión Deportiva Ourense segue dando leccións de fútbol pola provincia. Ao igual que a súa afección, que a pesares de ser o desplazamento máis longo e das inclemencias metereolóxicas, tampouco recuou e acompañou en gran número aos seus xogadores, nunha comunión total.

viernes, 12 de diciembre de 2014

Previa do partido ante o Parada do Sil


O sábado a partires das 16,00 horas a Unión Deportiva Ourense terá outro difícil partido. Será en Parada do Sil ante un equipo que está en alza. Despois de encadear dúas vitorias consecutivas, ante o Piñor por 3-1 nos Torgás e en Barra de Miño por 2-3, ascenderon ata o quinto posto da clasificación, entrando na loita polo ascenso. Agora está a catro puntos do Sporting Carballiño, terceiro clasificado, e cun partido menos xogado polos da Ribeira Sacra.

jueves, 11 de diciembre de 2014

Horarios dos partidos da fin de semana

Xa temos os horarios de todos os equipos que forman a gran familia da Unión Deportiva Ourense. Esta semana todos os equipos do clube xogan na casa agás o primeiro equipo que viaxa a Parada do Sil. Sorte a todos.

3ª AUTONÓMICA: Parada do Sil - U.D.Ourense: 13-12-14 ás 16,00 h. en Parada do Sil (Os Torgás) 

COPA DEPUTACIÓN XUVENIL: U.D.Ourense - Calasancio B: 14-12-14 ás 10,00 h. nos Salesianos

COPA DEPUTACIÓN CADETE: U.D.Ourense - Arrabaldo B: 13-12-14 ás 11,00 h. nos Salesianos

COPA DEPUTACIÓN INFANTIL: U.D.Ourense - E.D. Concello de Barbadás B: 13-12-14 ás 09,30 h. nos Salesianos

2ª ALEVÍN F-8: U.D.Ourense - Chantada: 15-12-14 ás 18,00 h. nos Salesianos

2ª BENXAMÍN F-8: U.D.Ourense - Nogueira de Ramuín: 13-12-14 ás 12,30 h. nos Salesianos

COPA DEPUTACIÓN PREBENXAMÍN: U.D.Ourense - E.D. Concello de Barbadás: 13-12-14 ás 18,00 h. en Barbadás (Os Carrís)

lunes, 8 de diciembre de 2014

Resultados da fin de semana

COPA DEPUTACIÓN CADETE: Calasancio B, 3 - U.D.Ourense, 2

COPA DEPUTACIÓN INFANTIL: Arenteiro, 3 - U.D.Ourense, 1

2ª ALEVÍN F-8: Nogueira de Ramuín, 5 - U.D.Ourense, 3

2ª BENXAMÍN F-8: A Peroxa, 6 - U.D.Ourense, 2

domingo, 7 de diciembre de 2014

Autobuses para viaxar a Parada do Sil

A Unión Deportiva Ourense fletará autobuses para que a súa afección se desplace a Parada do Sil para asistir ao partido do vindeiro sábado, día 13 de decembro, que se disputará ás 16,00 horas no campo Os Torgás.

O prezo será de 6 euros e partirá as 13,00 horas do Pabellón dos Remedios, regresando á finalización do partido. A inscripción realizarase na Cafetería Pabellón o luns pola mañá e a partir do martes das 20,00 ás 22,30 horas, abonando o prezo do billete nese momento. Lembrar que a entrada ao campo do Parada do Sil será gratuita.

Pregamos aos interesados que se apunten o máis pronto posible para fletar máis autobuses de ser necesarios.

sábado, 6 de diciembre de 2014

Lucas Nieto elexido Xogador do mes de novembro

Lucas Nieto mellor xogador de novembro

A afección ourensanista dictou sentencia. Lucas Nieto foi elexido como mellor xogador do mes de novembro cun 18% dos votos. Por detrás do lateral esquerdo quedaron Xaco (gañador do trofeo do mes de outubro) e Julio Salgado cun 13% dos votos cada un.

Lucas Nieto xogou os catro partidos disputados en novembro, onde anotou catro goles, unha gran cifra para un lateral esquerdo. Ante o Barra de Miño (0-4) fixo o segundo, na goleada ante o Castrelo de Miño (12-0) anotou o quinto e o sexto e ante o Sportíng Carballiño (2-1) foi o encargado de abrir o marcador cando estaba a xogar como extremo esquerdo.

Esta é outra das características que atesora Lucas Nieto, a polivalencia. A súa posición é a de lateral esquerdo, pero tamén ten xogado como medio centro ou extremo esquerdo cando a ocasión o requiere. Noraboa.

Próximamente informarse do lugar e data de entrega do trofeo.

jueves, 4 de diciembre de 2014

A U.D.Ourense en Megaxove

A Unión Deportiva Ourense estará cun stand mañá, día 5 de decembro, en Megaxove en Expourense.
O horario será de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Alí atenderemos a todo o mundo que se pase por alí, seguiremos facendo socios e abonados, reservaremos camisetas e venderemos lotería de Nadal.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

Horarios dos partidos da fin de semana

Xa temos os horarios de todos os equipos que forman a gran familia da Unión Deportiva Ourense. Esta semana a actividade é menor. Debido aos festivos do 6 e 8 de decembro varias categorías non teñen actividade. Nin o primeiro equipo, nin xuvenís, nin prebenxamíns xogan esta fin de semana. Sorte ao resto que si o fai.

COPA DEPUTACIÓN CADETE: Calasancio B - U.D.Ourense: 07-12-14 ás 12,15 h. en Monforte de Lemos (Escolapios)
COPA DEPUTACIÓN INFANTIL: Arenteiro - U.D.Ourense: 07-12-14 ás 11,00 h. no Carballiño (A Uceira).

2ª ALEVÍN F-8: Nogueira de Ramuín - U.D.Ourense: 06-12-14 ás 10,15 h. en Luintra (A Tella)

2ª BENXAMÍN F-8: A Peroxa - U.D.Ourense: 05-12-14 ás 19,00 h. na Peroxa (O Marco).

lunes, 1 de diciembre de 2014

Elixe ao Xogador do mes de novembro


Xaco gañou o de outubro. ¿Quen se levará o de novembro?
Abrimos a votación para que os afeccionados da Unión Deportiva Ourense escollan ao mellor xogador do mes de novembro. Marca a túa opción no listado que hai á dereita do blog. Deixámosvos os partidos disputados durante este mes, coas alineacións e goles marcados, ademáis doutros datos de interese:

PARTIDOS XOGADOS:

4: Cristian Fernández, Julio Álvarez, Lucas Nieto, Roberto Almeida, Valderas, Xaco e Xurxo.
3: Alberto, Cristian, Diego Soto, Julio Salgado, Roberto Dacosta, Santi e Víctor Arias

2: Adolfo, Fabio e Fran Álvarez

GOLES:

5: Julio Salgado e Xaco
4: Lucas Nieto
3: Santi
2: Roberto Almeida

1: Alberto, Ramón Dacosta e Xurxo

Resultados dos partidos da fin de semana do fútbol base

COPA DEPUTACIÓN XUVENIL: Arrabaldo B, 3 - U.D.Ourense, 1

COPA DEPUTACIÓN CADETE: U.D.Ourense, 4 - Sta. Teresita, 2

COPA DEPUTACIÓN INFANTIL: U.D.Ourense, 5 - Nogueira de Ramuín, 0

2ª ALEVÍN F-8: U.D.Ourense, 3 - Velle B, 4

2ª BENXAMÍN F-8: U.D.Ourense, 2 - Monforte, 7

1ª PREBENXAMÍN F-8: U.D.Ourense, 2 - Calasancio B, 2

Un gol na recta final mantén a racha de vitorias da U.D.Ourense

Santi celebra o gol do triunfo. Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

Houbo que sufrir nos Remedios para derrotar ao Sporting Carballiño (2-1). Os visitantes demostraron que son uns dos favoritos ao ascenso e venderon moi cara a súa derrota. Mantivéronse ben organizados en defensa e intentaron lanzar contras por medio dos seus rápidos xogadores da liña atacante.

O primeiro aviso deuno o visitante Champi chutando cerca do longueiro da portería defendida por Cristian. Despois o Ourense xa se fixo co dominio do partido, creando varias ocasións de gol a pesares da boa organización defensiva visitante.