viernes, 12 de diciembre de 2014

Previa do partido ante o Parada do Sil


O sábado a partires das 16,00 horas a Unión Deportiva Ourense terá outro difícil partido. Será en Parada do Sil ante un equipo que está en alza. Despois de encadear dúas vitorias consecutivas, ante o Piñor por 3-1 nos Torgás e en Barra de Miño por 2-3, ascenderon ata o quinto posto da clasificación, entrando na loita polo ascenso. Agora está a catro puntos do Sporting Carballiño, terceiro clasificado, e cun partido menos xogado polos da Ribeira Sacra.


No seu campo dos Torgás tan só gañaron dous partidos de cinco xogados. Venceron ao Ath. Razamonde (2-1) e Piñor (3-1) sendo derrotados por Palmés, Ribadavia At.  e Arcos os tres por 1-2. Presenta un bo balance de goles marcados e encaixados. É o cuarto equipo máis goleador con 34 goles e o terceiro menos goleado con 16. Boa parte deses goles anotados foron ante Loureiro (0-8) e Os Chaos (1-10).

Para visitar ao Parada do Sil, Antonio Dacosta conta coas baixas por lesión de Adolfo e Julio Salgado e de Fabio por motivos persoais. Con estas ausencias o once máis probable que pode presentar nos Torgás sería o formado por Cristian na portería; Julio Álvarez, Xurxo, Ramón Dacosta e Lucas Nieto na defensa; Fran Álvarez e Diego Soto aos mandos no centro do campo; Xaco, Roberto Dacosta e Roberto Almeida na liña de tres cuartos e Chechu como punta de lanza.

Esperemos lograr a décimosegunda vitoria consecutiva e chegar ao partidazo da próxima xornada ante o Palmés como líderes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario