sábado, 27 de diciembre de 2014

O Loñoá, rival na Copa Deputación


Volta a Copa Deputación B. Tras deixar na cuneta ao Santa Teresita (3-1) de 2ª Autonómica no primieiro partido oficial na historia da Unión Deportiva Ourense, agora o rival será o Loñoá, tamén de 2ª Autonómica. Nesta eliminatoria non contaremos co factor campo ao noso favor, e o partido xogarase no campo da Carabina. Un campo de herba artificial moi complicado, xa que o Loñoá tan só perdeu un partido coma local no que levamos de tempada.

Unha derrota que foi infrinxida polo Leiro, que na sétima xornada de Liga gañou por 2-3. Tanto o Arnoia como o Crespos acadaron un empate no campo da Carabina (0-0 en ambos partidos), sendo os únicos tres equipos que conseguiron un resultado positivo na súa visitia a Loñoá. 


O Club de Fútbol Loñoá atópase na zona media da clasificación do grupo noveno da 2ª Autonómica. A maioría de puntos logrounos no seu campo, xa que a domicilio tan só foi quen de conseguir unha vitoria e un empate.

Fundado en 1977, sufriu un paréntese de 1985 a 1988, ano no que volveu ao fútbol federado. Transitou por todas as categorías do fútbol provincial e conseguiu como maior éxito o título de campión da Copa Deputación B no ano 2011, cando venceron na final ao Entrimo por 1-0.

Antonio Dacosta conta para este partido con dúas baixas no medio de campo, xa que Valderas e Diego Soto non entrará na convocatoria debido a sendas lesións. Para cubrir as súas baixas volven á convocatoria o defensa Alberto e o dianteiro Chechu, ausentes no partido da semana pasada ante o Palmés.

Polo tanto, os xogadores que viaxarán a Loñoá serán os seguintes: Adolfo, Alberto, Chechu, Cristian, Fran Álvarez, Héctor, Julio Álvarez, Julio Salgado, Lucas Nieto, Ramón Dacosta, Roberto Almeida, Roberto Dacosta, Santi, Víctor Arias, Xaco e Xurxo.

O once inicial máis probable que salte ao campo da Carabina será o formado por: Héctor; Julio Álvarez, Xurxo, Ramón Dacosta, Lucas Nieto; Fran Álvarez, Roberto Dacosta; Xaco, Roberto Almeida, Adolfo e Julio Salgado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario