sábado, 6 de diciembre de 2014

Lucas Nieto elexido Xogador do mes de novembro

Lucas Nieto mellor xogador de novembro

A afección ourensanista dictou sentencia. Lucas Nieto foi elexido como mellor xogador do mes de novembro cun 18% dos votos. Por detrás do lateral esquerdo quedaron Xaco (gañador do trofeo do mes de outubro) e Julio Salgado cun 13% dos votos cada un.

Lucas Nieto xogou os catro partidos disputados en novembro, onde anotou catro goles, unha gran cifra para un lateral esquerdo. Ante o Barra de Miño (0-4) fixo o segundo, na goleada ante o Castrelo de Miño (12-0) anotou o quinto e o sexto e ante o Sportíng Carballiño (2-1) foi o encargado de abrir o marcador cando estaba a xogar como extremo esquerdo.

Esta é outra das características que atesora Lucas Nieto, a polivalencia. A súa posición é a de lateral esquerdo, pero tamén ten xogado como medio centro ou extremo esquerdo cando a ocasión o requiere. Noraboa.

Próximamente informarse do lugar e data de entrega do trofeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario