domingo, 14 de diciembre de 2014

A U.D.Ourense golea no barro

Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

Os ourensanistas seguen intratables. A súa última vítima foi o Parada do Sil, goleado por 0-7 nos Torgás. Nun campo encharcado e embarrado, que co paso dos minutos se puña cada vez máis impracticable, os homes de Antonio Dacosta volveron impor a súa lei a base de calidade, pero tamén de loita, baixándose ao barro sen complexos. Unindo aptitude e actitude a Unión Deportiva Ourense segue dando leccións de fútbol pola provincia. Ao igual que a súa afección, que a pesares de ser o desplazamento máis longo e das inclemencias metereolóxicas, tampouco recuou e acompañou en gran número aos seus xogadores, nunha comunión total.


Como fan case todos os rivais da Unión Deportiva Ourense o Parada do Sil saíu con moito ímpetu e no primeiro minuto dispuxo dunha boa ocasión de gol que acabou nas mans de Cristian. A resposta dos ourensanistas foi demoledora. Penalti a Chechu e Ramón Dacosta que facía o primeiro gol de forte chut polo centro da portería defendida, moi ben por certo, por Anxo.

Co máis difícil feito aos dous minutos o partido desnivelouse a favor do Ourense. Combinando cando era posible ou xogando en largo cando era a opción máis intelixente os homes de Antonio Dacosta foron madurando o partido. No minuto 25 Diego Soto inauguraba a súa conta goleadora cun remate dende a frontal da área tras botarse un saque de esquina.

Na segunda metade os goles foron caendo polo seu propio peso. Valderas, tamén anotou o seu primeiro gol coa camiseta da Unión, ao transformar unha falta de potente disparo polo lado do porteiro. Despois Roberto Dacosta (tamén estreándose como goleador) tras unha gran xogada con gran asistencia de tacón de Toni, Santi en dúas ocasións (segue a rentabilizar con goles os minutos que lle da Antonio Dacosta) e Xaco nunha contra vertixinosa dende o centro do campo deixaron o marcador no 0-7 definitivo. Un resultado que ao principio do partido poucos se atravían a pronosticar.

Alineación U.D.Ourense: Cristian; Julio Álvarez, Xurxo, Ramón Dacosta (Alberto, 65´), Lucas Nieto; Fran Álvarez (Valderas, 55´), Diego Soto; Xaco, Roberto Dacosta, Roberto Almeida (Toni, 57´) e Chechu (Santi, 60´).

GOLES:

0-1 (2´): Ramón Dacosta de penalti
0-2 (25´): Diego Soto
0-3 (63´): Valderas
0-4 (65´): Roberto Dacosta
0-5 (72´): Santi de penalti
0-6 (83´): Santi
0-7 (88´): Xaco

No hay comentarios:

Publicar un comentario