lunes, 13 de octubre de 2014

Vitoria sobre o Arcos (5-0) tras un primoroso primeiro tempo

Celebrando un dos goles. Foto Galicia Deportiva
A Unión Deportiva Ourense venceu con claridade ao Arcos por 5-0. A vitoria fraguose nunha primeira metade pletórica dos ourensanistas na que marcaron cinco goles e que puideron ser moitos máis.

O partido comezou cunha choiva torrencial, que sobre a portería de Carlos, o gardarredes visitante, se fixo aínda máis forte cos continuos ataques dos ourensanistas. O porteiro visitante evitou varios goles coas súas paradas pero, aínda así, viuse superado en cinco ocasións.

A choiva de goles comezou cedo. Aos 10 minutos Julio Salgado foi derrubado na área e o conseguinte penalti transformouno coa maestría habitual Adolfo. Co Ourense desbocado Julio Salgado anouto o 2-0 once minutos despois rematando no segundo pao unha falta botada por Roberto Almeida. O propio Almeida fixo o 3-0 nunha fermosa xogada persoal na media hora de xogo. No minuto 36 Lucas Nieto anotaba un golazo ao recoller un rexeite do porteiro visitante e a cinco minutos para o descanso Julio Salgado repetía colocando o balón na escadra da portería visitante.


Na segunda metade parou a choiva atmosférica e a ourensanista. Con catro trocos no descanso e o marcador decidido o xogo non foi tan fluido e non chegaron máis goles, aínda que o dominio seguiu sendo totalmente da Unión Deportiva Ourense. Dacosta, cun lanzamento de falta, e Chechu atoparonse cos paos da portería de Carlos evitando que o marcador se movera nesta segunda metade.

Novo triunfo que permite aos ourensanistas seguir na cabeza da táboa, empatado a puntos cun Barra de Miño que tampouco cede e que goleou por 6-1 ao Salamonde, o noso próximo rival.

ALINEACIÓN DA U.D.OURENSE:

Héctor; Julio Álvarez, Xurxo, Dacosta, Lucas Nieto; Fran Álvarez (Valderas, 46´), Diego Soto; Xaco (Víctor Arias, 46´), Roberto Almeida, Adolfo (Cristian Fernández, 46´) e Julio Salgado (Chechu, 46´).

GOLES:

1-0 (10´): Adolfo de penalti
2-0 (21´): Julio Salgado
3-0 (30´): Roberto Almeida
4-0 (36´): Lucas Nieto
5-0 (40´): Julio Salgado

No hay comentarios:

Publicar un comentario