domingo, 5 de octubre de 2014

Cuarta vitoria consecutiva: 0-8 ante Os Chaos

Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

Todo o mundo daba por feito que a Unión Deportiva Ourense golearía aos Chaos, un rival peculiar no que o único importante é xogar ao fútbol, pasando o resultado a un segundo plano. Era obrigada unha vitoria holgada e así se produxo. Os ourensanistas acabaron vencendo por un contundente 0-8, que puido ser moito maior de ter máis afinado o punto de mira.

As ocasións sucedéronse sobre a portería local ao longo dos 90 minutos sen que o equipo do incrible Pego, xogou o primeiro tempo con 70 anos, conseguira disparar sobre a porta de Cristian ata o minuto 85. Pese ao total dominio da Unión os goles resistíronse nesta primeira metade. Entre o porteiro local (un defensa reconvertido que debeu ser expulsado ata en dúas ocasións), o longueiro (dous balón estreláronse nel) e a falta de puntería chegouse ao descanso con 0-2. Julio Salgado por partida dobre foi, moi bo partido o seu, foi o goleador. Abriu o marcador no minuto 21 ao superar ao porterio cunha perfecta vaselina e puxo 0-2 no 44 ao transformar un penalti cometido sobre él mesmo.

No segundo tempo aínda foi máis evidente a superioridade ourensanista ao faltarlle fuelle aos xogadores dos Chaos. Julio Salgado fixo o seu primeiro hat trick nada máis comezar a segunda metade gracias a xenerosidade de David Valderas que se lle deu o gol en bandexa. A nova fichaxe da Unión fixo un bo partido, indo de menos a máis. Complementouse moi ben cun excelso Diego Soto (deu todo un recital de fútbol na Penafita) e xogando de media punta na segunda metade regalou dúas asistencias de gol aos seus compañeiros.

Despois do hat trick de Julio Salgado Dani Malvido fixo o 0-4, dando o paso a un novo hat trick, esta vez na figura de Adolfo, que saltou ao campo no minuto 71, e once minutos despois xa marcara tres goles, un deles de penalti. Todo un luxo contar con este extraordinario xogador no equipo. Pechou o marcador Chechu como premio a súa constante loita sobre o terreo de xogo.

Novo triunfo que serve para manterse no liderato ante unha afección que volveu a acompañar en bo número ao equipo a pesares de ter que pasar por taquilla e de disputarse o partido nun horario pouco habitual.

Pola Unión Deportiva Ourense xogaron: Cristian; Alberto (Dani Malvido, 46´), Xurxo, Víctor, Julio Álvarez; Valderas, Diego Soto; Cristian Fernández, Chechu, Toni (José Ángel, 46´) e Julio Salgado (Adolfo, 71´).

GOLES:

0-1 (18´): Julio Salgado
0-2 (44´): Julio Salgado de penalti
0-3 (46´): Julio Salgado
0-4 (61´): Dani Malvido
0-5 (76´): Adolfo
0-6 (79´): Adolfo
0-7 (82´): Adolfo de penalti
0-8 (84´): Chechu

No hay comentarios:

Publicar un comentario