jueves, 2 de octubre de 2014

Os Chaos, un rival peculiar


Pepe Pego, a alma dos Chaos (Foto: Santi M. Amil - La Voz de Galicia)


O C.F. Os Chaos, o noso próximo rival, é un deses casos que fan deste deporte algo especial. Fundado no ano 1984 sempre militou na 3ª Autonómica, a última categoría do fútbol, e teñen en alta estima ser considerados o pior equipo de España.

Clube de récords negativos estivo casi catro anos sen gañar un partido. O 25 de marzo de 2007 vencera a domicilio ao Rayo Pontino por 0-2. Despois unha longa seca de partidos sen  coñecer a vitoria, chegando a encadear 96 derrotas e 2 empates, marcando 75 goles e encaixando 515, ata que o 28 de novembro de 2010 derrotaron ao Cenlle na Penafita de Amoeiro por 2-0, un resultado que provocou o cese do adestrador visitante.

Os Chaos non se entenderían sen a figura de José Manuel Rodríguez Nóvoa "Pego". Fundador, presidente, adestrador e xogador do equipo. Aos seus 70 anos segue disfrutando do fútbol sacando adiante o club e vestíndose de corto cada domingo. Nesta recén comezada tempada xogou todos os partidos ata o momento. Todo un exemplo de constancia e pundonor.

Nesta recén comezada tempada non parece que a traxectoria do equipo de Amoeiro vaia a ser moi distinta da súa liña histórica. Son últimos despois de peder os tres partidos disputados. Fóra da casa foron goleados por Salamonde (5-0) e Barra de Miño (6-1), perdendo na Penafita ante o Piñor por 1-2. Na Copa Deputación foron machacados polo Peroxa por 1-18.

Pero os resultados nunca foron importantes para Pego e os seus compañeiros. O que conta son as gañas de facer deporte, de participar e de seguir activos e con ilusión. A eso ninguén lle gaña a Pepe Pego e a Os Chaos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario