sábado, 11 de octubre de 2014

Previa do U.D.Ourense - Arcos F.C.


Chega aos Remedios o Arcos, equipo representativo da poboación do mesmo nome situada ao carón do Carballiño, concello ao que pertence. Arcos é coñecido por ser terra de "pulpeiras" e "pulpeiros", sendo a súa poboación de pouco máis de 200 habitantes.

O Arcos F.C. ocupa o décimo posto da clasificación con 4 puntos, aínda que tan só xogou tres partidos xa que descansou na primeira xornada. Fóra da casa empatou en Piñor (3-3) e na casa gañoulle ao Salamonde por 3-1 e perdou ante o Barra de Miño por 1-2, este último partido xogado a semana pasada, cun total de 7 goles a favor e 6 en contra. A tempada pasada finalizou na sétima posición, na zona morna da táboa clasificatoria.

Antonio Dacosta, adestrador da Unión Deportiva Ourense, realizou a seguinte convocatoria para este partido: Héctor, Cristian, Julio Álvarez, Dacosta, Xurxo, Lucas Nieto, Valderas, Xaco, Diego Soto, Julio Salgado, Roberto Almeida, Adolfo, Víctor Arias, Cristian Fernández, Fran Álvarez e Chechu. Quedan fóra por problemas físicos Fabio e Toni, mentras que José Ángel é baixa por motivos persoais.

En canto ao once inicial volverán, con respecto ao partido da semana pasada ante Os Chaos: Héctor, Dacosta, Lucas Nieto, Roberto Almeida, Adolfo e Xaco; coa única dúbida de Fran Álvarez ou Valderas no doble pivote. Xa que logo o once que xogará ante o Arcos será o seguinte: Héctor; Julio Álvarez, Xurxo, Dacosta, Lucas Nieto; Fran Álvarez ou Valderas, Diego Soto; Xaco, Roberto Almeida, Adolfo e Julio Salgado. No banco esperarán a súa oportunidade: Cristian, Víctor Arias, Cristian Fernández, Chechu e Fran Álvarez ou Valderas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario