domingo, 26 de octubre de 2014

Previa do U.D.Ourense - Piñor


Xa estamos ás portas do sétimo partido ligueiro da Unión Deportiva Ourense. Nesta ocasión o rival é a S.D. Piñor. Clube representativo do concello de Piñor, ao norte da comarca do Carballiño.

A S.D. Piñor fundouse no ano 2009. Despois de tres tempadas conseguiu o ascenso a 2ª autónomica, descendendo a tempada seguinte e manténdose ata agora na 3ª.

Esta tempada parten coa ilusión do ascenso a pesares de contar con nulo apoio institucional, tendo que xogar os seus partidos no campo de Maside ao non dispor no Concello dun propio onde xogar os seus partidos como local. Subsisten grazas ás aportacións dos, aproxidamamente, 150 socios e das aportacións da hostelería e empresas da zona.

Actualmente ocupan o sétimo posto da clasificación. Gañaron dous partidos, empataron dous e perderon un, encaixando 8 goles e marcando 10.

Aínda non coñecen a derrota a domicilio. Gañaron a Os Chaos por 1-2 e empataron en Salamonde a un gol.

No seu campo perderon ante o Ribadavia At. (0-1) e empataron ante o Arcos a tres goles. A xornada pasada deron a gran sorpresa ao derrotar ao Barra de Miño por 4-2, equipo que gañara todos os seus partidos ata ese momento.

Polo que respecta aos ourensanistas destaca a inclusión de Diego Soto na lista de convocados tras recuperarse da súa microrrotura, polo que é moi probable que xogue uns minutos ante o Piñor. O que aínda non é aconsellable que reapareza é o dianteiro centro Julio Salgado.

De non mediar ningún contratempo a alineación da Unión Deportiva Ourense será a formada por: Cristian na portería (continúan as rotacións neste posto); Julio Álvarez (volve ao once inicial), Xurxo, Dacosta e Lucas Nieto en defensa; Valderas e Fran Álvarez como mediocentros; Xaco e Adolfo nas bandas; Roberto Almeida na mediapunta e Chechu como punta de lanza. No banco estarán Héctor, Alberto, José Ángel, Cristian Fernández e Diego Soto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario