lunes, 27 de octubre de 2014

Nova goleada, 7-1 ao Piñor

Nova goleada nos Remedios. Foto Faro de Vigo

A Unión Deportiva Ourense continúa coa súa xeira de vitorias. Nesta ocasión a súa vítima foi o Piñor, que acabou goleado por 7-1. Os ourensanistas xa sentenciaron o encontro na primeira metade, onde o marcador xa sinalaba un contundente 5-0 para os locais.

Os moitos afeccionados que se achegaron ata o campo "Miguel Ángel" dos Remedios volveron a disfrutar dun bo partido dos homes de Antonio Dacosta, que sempre buscan a vitoria polo camiño do bo fútbol. As triangulacións e os bos pases á espalda dos defensores visitantes enseguida deron os seus froitos.

Despois de que Xaco estrelara un balón no longueiro aos 5 minutos e de que Adolfo enviara fóra por moi pouco un remate sobre a portería visitante foi Xaco o que abriu o marcador ao superar ao porteiro visitante na súa saída tras gran pase de Adolfo. As chegadas dos ourensanistas eran constantes ante un Piñor que saliu ao campo con atrevimento pero que apenas puxo en apuros a porta defendida, nesta ocasión, por Cristian.

O festival anotador continuou cos goles de Xaco de cabeza ao resolver un barullo na área do Piñor, Adolfo de penalti cometido sobre Lucas Nieto, Dacosta de falta ao superar ao porteiro cun tiro raso  por debaixo da barreira e novamente de Xaco, que puxo o 5-0 ao que se chegou ao final da primeira metade.

O único lunar deste primeiro tempo foi a lesión de Fran Álvarez que foi sustituido por Diego Soto, que reaparecía superada a microrrotura de fibras que padecía.

Co partido resolto a segunda metade tivo como protagonista a Roberto Almeida que anotou outros dous tantos. Entrambos o Piñor recurtou distancias grazas a un penalti.

Tres novos puntos que afianzan o liderato coa vista posta no partido da próxima fin de semana en Barra de Miño ante o terceiro clasificado. Un equipo que tan só perdeu un partido, precisamente ante o Piñor por 4-2 a semana pasada, e que é outro dos grandes favoritos para o ascenso de categoría.

Alineación da U.D.Ourense: Cristian; Julio Álvarez, Xurxo (Alberto, 59´), Dacosta (José Ángel, 53´), Lucas Nieto; Fran Álvarez (Diego Soto, 22´), Valderas; Xaco, Roberto Almeida, Adolfo e Chechu (Cristian Fernández, 46´).

GOLES:

1-0 (15´): Xaco
2-0 (19´): Xaco
3-0 (31´): Adolfo de penalti
4-0 (35´): Dacosta
5-0 (41´): Xaco
6-0 (53´): Roberto Almeida
6-1 (75´): Pereira de penalti
7-1 (86´): Roberto Almeida



No hay comentarios:

Publicar un comentario