sábado, 18 de octubre de 2014

Previa do Salamonde - U.D.Ourense


A Unión Deportiva Ourense viaxa ata Salamonde, no concello de San Amaro, coa intención de sumar a sexta vitoria consecutiva e seguir mantendo o liderato. O partido comezará ás 16,30 horas do domingo.

Antonio Dacosta tan só pode contar con 16 xogadores para este encontro, os xustos para formar unha convocatoria que está integrada polos seguintes homes: Adolfo, Cristian, Cristian Fernández, Chechu, Dacosta, Dani Malvido, Fran Álvarez, Héctor, José Ángel, Lucas Nieto, Roberto Almeida, Toni, Valderas, Víctor Arias, Xaco e Xurxo.

Son baixa Fabio (recuperándose da súa lesión), Diego Soto (microrrotura no sóleo), Julio Salgado (lesión no tendón de Aquiles), Santi (sobrecarga), Julio Álvarez (motivos laborais) e Alberto (motivos persoais).

Xa que logo o once inicial sería o formado por Héctor; Víctor Arias, Xurxo, Dacosta, Lucas Nieto; Fran Álvarez, Valderas; Xaco, Roberto Almeida, Adolfo e Chechu. No banco estarán Cristian, José Ángel, Cristian Fernández, Dani Malvido e Toni.

Son novidade no once Víctor Arias que entra por Julio Álvarez no lateral dereito, Valderas por Diego Soto no centro do campo e Chechu por Julio Salgado na punta do ataque.

Enfronte estará un Salamonde que marcha na décima posición con catro puntos despois de sumar unha vitoria, un empate e dúas derrotas, con 8 goles a favor e 10 en contra despois de 4 partidos. Na casa gañaron aos Chaos por 5-0 na primeira e xornada e empataron co Piñor (1-1), caendo nos dous desprazamentos, ante o Arcos por 3-1 e o Barra de Miño por 6-1. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario