lunes, 20 de octubre de 2014

Líderes en solitario tras vencer en Salamonde por 1-3

Xaco anota o 1-3. Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

A Unión Deportiva Ourense segue coa súa racha de triunfos coa vitoria en Salamonde por 1-3. Unha vitoria que unida a derrota do Barra de Miño diante do Piñor por 4-2 permite ao Ourense situarse líder en solitario.

O partido comezou con susto. Ao cuarto de hora o Salamonde adiantouse grazas a un penalti máis que dubidoso. Era a primeira vez na tempada, e na súa historia, que a Unión Deportiva Ourense partía con desvantaxa no marcador. O 1-0 sacou o mellor da Unión Deportiva Ourense que se volcou na procura da remontada.

Dacosta, no minuto 22, devolveu a igualdade ao marcador ao transformar unha falta cometida sobre Adolfo na frontal da área. O potente lanzamento do central ourensán superou ao porteiro local e supuxo a súa estrea como goleador e a tranquilidade para o equipo. Oito minutos despois Roberto Almeida deulle a volta ao marcador ao revolverse con axilidade na área local. Sentenciou o partido Xaco ao culminar unha gran xogada que comezou cun pase de Dacosta dende a defensa hacia Adolfo. O capitán ourensanista puxo un gran centro dende a banda esquerda que o extremo non desaproveitou.

Na segunda metade continuou o dominio ourensanista que non se traduxo en gol por falta de puntería dos xogadores da Unión. O Salamonde apenas se acercou aos dominios de Héctor. Tan só moi preto do final conseguiron trenzar unha boa xogada que acobou cun remate ao pao. Bo triundo nun campo complicado superando o gol inicial dos locais.

Pola Unión Deportiva Ourense xogaron: Héctor; Víctor Arias (Toni, 63´), Xurxo, Dacosta, Lucas Nieto (Cristian Fernández, 58´); Fran Álvarez, Valderas; Xaco, Roberto Almeida (Dani Malvido, 80´), Adolfo e Chechu (José Ángel, 75´).

GOLES:

1-0 (15´) Rubio de penalti.
1-1 (22´) Dacosta
1-2 (29´) Roberto Almeida
1-3 (39´) Xaco

No hay comentarios:

Publicar un comentario