martes, 24 de febrero de 2015

Votación xogador do mes de febreiro

Santi foi o gañador do mes de xaneiro

Abrimos a votación para elexir ao mellor xogador do mes de febreiro. Nesta ocasión cambia o formato da votación. Haberá que elexir entre os cinco candidatos propostos. Non foi fácil a elección debido ao alto nivel mostrado por todos os xogadores nos tres partidos disputados este mes ante Ribadavia At., Os Chaos e Arcos. Os xogadores aos que podedes votar son os seguintes:

ADOLFO: O capitán estivo presente nos tres encontros, dando mostras da súa calidade en todos eles. Incluso contra Os Chaos ocupou o lateral esquerdo, o que non lle impidiu anotar dous goles nese encontro. É todo un exemplo para os seus compañeiros.

JULIO ÁLVAREZ: O lateral dereito segue a demostrar unha gran regularidade, sendo un seguro de vida en defensa. En cada partido da o mellor de si mesmo anulando ao rival que se acerca pola súa zona. Sólido e eficaz.

JULIO SALGADO: O dianteiro centro segue sendo fiel a súa cita co gol. Neste mes anotou tres (un en Ribadavia e dous en Carballiño ante o Arcos). Os seus goles ademáis adoitan romper o empate inicial, como ocurriu ante o Ribadavia e o Arcos.

RAMÓN DACOSTA: O central deu todo un recital ante Os Chaos, anotando un "hattrick" cun soberbio gol dende o centro de campo incluido, propio doutra categoría. Ademáis na súa tarefa defensiva estivo inconmensurable, sendo prácticamente imposible de superar polos dianteiros contrarios.

ROBERTO DACOSTA: O mediapunta non deixa de deleitar en cada encontro. Neste mes xogou os tres partidos (dous deles completos) sendo un constante perigo para as defensas contrarias polo seu desborde e visión de xogo. Anotou dous goles ante Os Chaos e cansouse de dar asistencias aos seus compañeiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario