sábado, 7 de febrero de 2015

Os Chaos visitan O Couto

Pego recibirá unha homenaxe no Couto

O domingo chega ao Couto Os Chaos, o histórico clube de Amoeiro que fai bo o lema olímpico de que o importante é participar. A priori é o partido máis desequilibrado desta liga. Os Chaos son últimos con cero puntos, 8 goles a favor e 98 en contra; mentras que a Unión Deportiva Ourense é líder con pleno de vitorias, 97 goles a favor e 7 en contra. Salvo monumental sorpresa os ourensanistas deberían sumar un novo triunfo que deixe máis cerca o obxectivo do ascenso e seguir coa ilusión de facer o pleno de vitorias.

Antes do partido a Unión Deportiva Ourense tributaralle unha merecida homenaxe a José Manuel Rodríguez Nóvoa "Pego". O "alma mater" dos Chaos que sigue en activo aos 72 anos de idade, todo un exemplo de constancia e amor polo fútbol. Entregaráselle unha placa e unha camiseta da Unión Deportiva Ourense.

Para este partido Antonio Dacosta recupera a Ramón Dacosta, Víctor Arias, Fran Álvarez e Valderas. O máis probable é que os tres primeiros xoguen de inicio e Valderas espere a súa oportunidade no banco. Tamén debido aos moitos minutos que levan xogado, Xurxo, Julio Álvarez, Lucas Nieto e Diego Soto terán descanso neste encontro, para que a volta do parón polo Entroido cheguen en plena forma para afrontar a recta final da tempada, onde nos xogamos o campionato de liga, continuar adiante na Copa Deputación e intentar lograr o pleno de triunfos.

Xa que logo a convocatoria estará formada por Adolfo, Alberto, Cristian, Chechu, Fabio, Fran Álvarez, Héctor, Julio Salgado, Ramón Dacosta, Roberto Almeida, Roberto Dacosta, Santi, Toni, Valderas, Víctor Arias e Xaco. O once máis probable estaría formado por Héctor na porta; Alberto, Fabio, Ramón Dacosta e Adolfo na liña defensiva; Fran Álvarez e Víctor Arias no medio do campo; Xaco, Roberto Dacosta, Roberto Almeida na mediapunta e Chechu coma home máis adiantado. No banco estarán Cristian, Valderas, Toni, Santi e Julio Salgado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario