viernes, 20 de febrero de 2015

Ante o Arcos en Espiñedo

Na primeira volta a Unión gañou por 5-0 ao Arcos nos Remedios

A Unión Deportiva Ourense acude este sábado ao Carballiño para xogar contra o Arcos. O partido disputarase no histórico Espiñedo, feudo do non menos histórico Arenteiro. Non se trata do campo habitual do Arcos xa que normalmente xogan no sintético da Uceira, sen embargo a visita da Unión Deportiva Ourense fai que se traslade o escenario do encontro. O pitido inicial terá lugar ás 16,30 horas.

Os ourensanistas tratarán de dar un paso máis cara o ascenso, que xa está a tan só 10 puntos. O Arcos é un equipo de rachas. Así dos catro primeiros partidos tan só gañou un, despois de caer nos Remedios por 5-0 ante a Unión encadeou catro vitorias consecutivas, a esta seguiulle outra de tan só un empate en cinco encontros e posteriormente gañou tres partidos de forma consecutiva. Racha esta última que rompeu a xornada pasada o Barra de Miño ao gañarlle no Tato por 2-0.


Tras este tobogán de rachas o Arcos ocupa o sétimo posto da clasificación, pero lonxe do ascenso, do que lle separan 11 puntos. Na casa o Arcos gañou 4 partidos e perdeu outros 4, sen ningún empate. Destaca a vitoria que obtivo ante o Sp. Carballiño (2-1) nun partido de gran rivalidade e que naquel momento o acercaba aos postos de ascenso. Despois chegaron varias derrotas, destacando o 5-7 que encaixou ante o Ribadavia At.

Para este encontro Antonio Dacosta terá as baixas por lesión de Cristian Fernández, José Ángel e Víctor Arias. Por motivos laborais non estarán tampouco Fran Álvarez e Dani Malvido. A falta do adestramento do venres a alineación máis probable que salte ao terreo de xogo de Espiñedo será a formada por Cristian na porta; Julio Álvarez, Xurxo, Ramón Dacosta e Lucas Nieto na liña defensiva; Diego Soto e Valderas no medio do campo; Xaco, Roberto Dacosta e Adolfo na mediapunta e Julio Salgado como home máis adiantado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario