domingo, 22 de febrero de 2015

Novo triunfo: 1-9 ante o Arcos

Novo triunfo ante o Arcos. Foto Iñaki Osorio (Faro de Vigo)

A Unión Deportiva Ourense suma e segue. Ante o Arcos en Espiñedo sumou a súa decimonovena vitoria ao gañar por un contundente 1-9. Foi un partido que enseguida se puxo de cara para os ourensanistas cun 0-2 aos 14 minutos, que xa deixaba prácticamente sentenciado o encontro.

Como sempre o dominio foi total dos xogadores de Antonio Dacosta, realizando por momentos un fútbol de superior categoría. Mostra delo o terceiro gol, obra de Xaco, despois dunha gran xogada do equipo unionista.


A primeira metade rematou con 0-3 no marcador. Na segunda chegaron outros seis goles ante un Arcos que fixo o que pudo e que atopou o seu premio no derradeiro minuto co gol de Wesley. Por parte da Unión Julio Salgado, Lucas Nieto e Santi (incrible como aproveita os seus minutos sobre o terreo de xogo) lograron cadanseu doblete; Xaco, Chechu e Roberto Almeida completaron os nove goles.

Xa queda unha xornada menos para celebrar o ascenso á 2ª Autonómica, primeiro gran obxectivo da tempada.

Alineación U.D.Ourense: Cristian; Julio Álvarez, Xurxo, Ramón Dacosta (Fabio, 57´), Lucas Nieto; Valderas (Roberto Almeida, 46´), Diego Soto; Xaco, Roberto Dacosta, Adolfo (Chechu, 53´) e Julio Salgado (Santi, 57´).

Goles:

0-1 (6´) Julio Salgado
0-2 (14´) Lucas Nieto
0-3 (42´) Xaco
0-4 (50´) Julio Salgado
0-5 (73´) Santi
0-6 (79´) Lucas Nieto
0-7 (80´) Roberto Almeida
0-8 (84´) Chechu
0-9 (89´) Santi
1-9 (90´) Wesley

No hay comentarios:

Publicar un comentario