lunes, 9 de febrero de 2015

Suma e sigue da U.D.Ourense, 14-0 aos Chaos

Foto Iñaki Osorio - Faro de Vigo

A priori era o partido máis desequilibrado da categoría e así quedou demostrado na práctica. O 14-0 final non tivo máis historia que os goles que ían caendo do lado local destacando o hat-trick anotado por Ramón Dacosta, donde o primeiro dos goles foi unha espectacular vaselina dende o medio do campo. Pola súa banda Roberto Dacosta, Chechu (autor do gol 100 en liga), Adolfo, Santi e Xaco anotaron dous goles cada un. O gol que falta para sumar os 14 marcouno Fran Álvarez.

Do resto do partido destacar a presenza de José Manuel Rodríguez Nóvoa "Pego". O fundador, presidente, adestrador e aínda xogador dos Chaos aos seus 72 anos. Onte xogou a primeira parte e recibiu unha merecida homenaxe por parte da Unión Deportiva Ourense coa entrega dunha camiseta asinada polos xogadores e unha placa conmemorativa. E tamén hai que salientar de novo á afección da Unión, que unha vez máis se achegou ao Couto en bo número, unhas 800 persoas, para presenciar un partido que pasará á historia da Unión Deportiva Ourense.


Con este triunfo xa queda menos para celebrar o ascenso á 2ª Autonómica. Quedan 30 puntos en xogo e o cuarto clasificado atópase a 20, polo que con catro vitorias máis o ascenso estará consumado, sempre e cado os perseguidores non pinchen, o que adiantaría aínda máis o ascenso.

Alineación da U.D.Ourense: Héctor; Alberto, Fabio, Ramón Dacosta (Julio Salgado, 55´), Adolfo; Víctor Arias, Fran Álvarez (Toni, 53´); Xaco, Roberto Dacosta, Roberto Almeida (Valderas, 53´) e Chechu (Santi, 50´).

GOLES:

1-0 (4´) Roberto Dacosta
2-0 (8´) Fran Álvarez
3-0 (12´) Chechu
4-0 (22´) Adolfo
5-0 (30´) Ramón Dacosta
6-0 (34´) Ramón Dacosta
7-0 (44´) Chechu
8-0 (55´) Ramón Dacosta
9-0 (65´) Xaco
10-0 (75´) Santi
11-0 (77´) Santi
12-0 (78´) Roberto Dacosta
13-0 (83´) Adolfo
14-0 (87´) Xaco

No hay comentarios:

Publicar un comentario