domingo, 1 de marzo de 2015

Previa do partido ante o Salamonde

Xaco anota o 1-3 no partido de ida. Foto Iñaki Osorio - Faro de Vigo

A Unión Deportiva Ourense afronta a xornada número 20 co obxectivo de manter o pleno de triunfos ante o Salamonde. De conseguir unha nova vitoria estarían a piques de pechar o ascenso á 2ª Autonómica, o primeiro obxectivo desta primeira tempada na historia da Unión Deportiva Ourense.

O Salamonde chega a cita do Couto inmerso nunha mala xeira de resultados. Dos últimos seis partidos perdeu cinco e tan só lle gañou a Os Chaos por 1-4. Esta serie de derrotas deixan ao Salamonde na undécima plaza da clasificación empatado a puntos con Razamonde e Castrelo de Miño. Lonxe do seu campo da Lamela gañaron 3 partidos (Castrelo de Miño, Razamonde e Os Chaos) e perderon 6.


No partido disputado na primera volta a Unión Deportiva Ourense venceu por 1-3. O Salamonde adiantárase no marcador cun gol de penalti de Bruno (foi o único equipo que se puxo por diante no marcador ante os ourensanistas), remontando a Unión con goles de Ramón Dacosta, Roberto Almeida e Xaco, xa na primeira metade. No segundo tempo non se movería o marcador.

Para este partido Antonio Dacosta convocou a Adolfo, Cristian, Chechu, Diego Soto, Fran Álvarez, Héctor, Julio Álvarez, Julio Salgado, Lucas Nieto, Ramón Dacosta, Roberto Almeida, Roberto Dacosta, Santi, Valderas, Xaco e Xurxo.

O once inicial máis probable que salte ao Couto será o formado por Cristian na portería; Julio Álvarez, Xurxo, Ramón Dacosta e Lucas Nieto na liña defensiva; Fran Álvarez e Diego Soto no centro do campo; Xaco, Roberto Dacosta e Adolfo na mediapunta e Julio Salgado como homo máis adiantado. No banco esperarán a súa oportunidade Héctor, Valderas, Roberto Almeida, Chechu e Santi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario