sábado, 31 de enero de 2015

Difícil saída a Ribadavia

A por un novo triunfo no Xestal. Foto: Yedra Seara - @yedra_morata

A Unión Deportiva Ourense rinde visita ao Ribadavia Atlético. Histórico club que loita polo ascenso e volver deste xeito a categorías máis acordes coa súa historia e potencial como representante dun vila como Ribadavia.

Os do Ribeiro demostraron na primeira volta que son un equipo con moito potencial. Naquel encontro venderon moi cara a súa pel e tan só un gol de penalti transformado por Adolfo acabou coa súa resistencia. Sen embargo todo ese potencial que se presumía naquel momento non se fillo realidade ata ben entrada a primeira volta. Unha racha de seis vitorias consecutivas situonos no terceiro posto. Sen embargo o pasado domingo o Barra de Miño rompeu a súa boa racha endosándolle un 4-1 que devolvou aos ribadavienses ao cuarto lugar da clasificación por detrás dos branquibermellos.


No Xestal teñen todo un fortín onde tan só perderon un partido. Foi precisamente ante o Barra de Miño na segunda xornada de liga. Dende entón tan só dous empates (Sp. Carballiño e Palmés) e cinco vitorias. O que si parece é que ante os seus rivais diretos polo ascenso non están moi fortes, xa que tamén perderon en Cenlle por 1-0.

No verán a Unión Deportiva Ourense xogou un amigable ante o Ribadavia Atlético no Xestal, partido que rematou con triunfo ourensanista por 0-3, aínda que non foi tan doado como sinalou o marcador final.

Antonio Dacosta repetirá o once inicial que xogou o domingo pasado ante o Peroxa B, co único troco de Héctor por Cristian na porta. O resto do equipo estará formado por: Julio Álvarez, Xurxo, Alberto, Lucas Nieto; Diego Soto, Roberto Almeida; Xaco, Roberto Dacosta, Adolfo e Julio Salgado. No banco estarán o porteiro Cristian, Fabio, Victor Arias, Chechu e Santi. Seguen sendo baixa Ramón Dacosta, Fran Álvarez, Valderas, Toni e José Ángel. 

Quizais este partido sexa uns dos máis difíciles que resten de aquí ao final da tempada: rival complicado, campo en malas condicións polas choivas e varias baixas importantes. Polo que unha vitoria tería aínda máis valor. Un triunfo que acercaría aínda máis o ascenso e tamén o récord do pleno de triunfos. A ver si é posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario