sábado, 10 de enero de 2015

Primeira volta perfecta co 0-9 en Loureiro


A Unión Deportiva Ourense finalizou a primeira volta cunha goleada no Mirador sobre o Loureiro por 0-9. Con este resultado completa unha primeira volta perfecta, logrando o pleno de 14 vitorias, con 85 goles a favor e 5 en contra. Uns números estratosféricos.

O partido ante o Loureiro seguiu prácticamente o mesmo guión de moitos outros. Durante a primeira metade, mentras lle durou o físico, o rival intentou manterse dentro do partido a base de moita loita, intensidade e concentración. A pesar do seu empeño o dominio sempre foi ourensanista e acabaron caendo un par de goles nesta primeira metade que xa botaron por terra todo o traballo defensivo dos locais.


No minuto 26 Adolfo rompeu o 0-0 cun gran remate que entrou pola escadra da porteria do Loureiro. Nove minutos despois o propio Adolfo abriu brecha no marcador empurrando no segundo pao un centro de Chechu. Co 0-2 chegouse ao final dos primeiros 45 minutos. Un resultado que encarrilaba a décimocuarta vitoria da Unión Deportiva Ourense.

Na segunda metade chegou unha choiva de goles, ata sete, propiciados pola calidade dos ourensanistas, o desfondamento dos locais e o seu atrevemento para irse arriba en busca de reducir distancias. Con espazos os unionistas son imparables e aos cinco minutos da reanudación Fran Álvarez empurraba o balón tras pase de Julio Salgado nun dous contra un ante o porteiro do Loureiro.

Despois chegaron goles de todas as cores: Julio Salgado de penalti sobre Roberto Dacosta, Roberto Almeida, Lucas Nieto, un defensa do Loureiro en propia porta, Roberto Dacosta e o habitual gol de Santi.

Co partido resolto o Loureiro dispuxo de varias ocasións claras de gol que non souperon materializar ante un gran Héctor que se mostrou infranqueable.

Nova exhibición, novo triunfo e agora a buscar outra volta perfecta que permita lograr gañar todos os partidos da liga. Non será doado pero o reto de emular ao Clube Deportivo Ourense está ahí.

Alineación da Unión Deportiva Ourense: Héctor; Julio Álvarez, Xurxo, Valderas, Lucas Nieto; Fran Álvarez, Diego Soto; Xaco (Cristian Fernández, 60´), Chechu (Roberto Dacosta, 46´), Adolfo (Roberto Almeida, 46´) e Julio Salgado (Santi, 55´).

GOLES:

0-1 (26´) Adolfo
0-2 (35´) Adolfo
0-3 (49´) Fran Álvarez
0-4 (54´) Julio Salgado de penalti
0-5 (57´) Roberto Almeida
0-6 (62´) En propia porta
0-7 (68´) Roberto Dacosta
0-8 (75´) Lucas Nieto
0-9 (83´) Santi

No hay comentarios:

Publicar un comentario