sábado, 10 de enero de 2015

Finaliza a primeira volta coa visita ao Loureiro


Despois do parón navideño chega de novo o fútbol de competición, e a Unión Deportiva Ourense porá fin á primeira volta visitando ao Loureiro. De facerse coa victoria, os ourensanistas completarían unha volta perfecta con 14 triunfos. Pero enfrente terán a un equipo que non porá as cousas fáciles.

O Loureiro comezou mal a tempada con catro derrotas nos primeiros cinco partidos. Pouco a pouco foron mellorando e nos últimos sete partidos tan só perderon un, precisamente na última xornada ante o Barra de Miño por 1-0. O equipo sitúase na zona media da táboa e tratarán de facerse fortes no seu campo do Mirador para evitar unha nova victoria da Unión Deportiva Ourense e proseguir coa súa boa xeira de resultados.

Pola súa banda os ourensanistas chegan a este partido coa ilusión de facer un pleno de vitorias nesta primeira volta. Antonio Dacosta non poderá contar para este encontro con Ramón Dacosta, Victor Arias, Alberto e Toni. Ata mañá o técnico ourensanista non decidirá o once inicial, xa que dependerá do último adestramento celebrado o venres.

Lembrar que o partido ante o Loureiro será o sábado 10 de xaneiro as 16,00 horas no campo do Mirador, moi preto do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario