domingo, 25 de enero de 2015

Nova goleada no Couto, 5-0 ao Peroxa B

Foto: Yedra Seara - @yedra_morata

A Unión Deportiva Ourense segue o seu camiño arroiador. Ante o Peroxa B conseguiu a súa decimosexta vitoria consecutiva, deixando ao cuarto clasificado a 19 puntos. O ascenso e cuestión dunhas poucas xornadas máis.

O partido ante o filial da Peroxa non tivo moita historia. Os moitos afeccionados, preto dos 1.000, que se congregaron para asistir ao encontro disfrutaron dun novo triunfo moi plácido. O 2-0 que indicaba o marcador aos 15 minutos xa invitaba a unha nova goleada.

Julio Salgado no minuto 5, abriu o marcador ao superar en carreira ao seu marcador e cruzar o balón ante a saída do porteiro vistante. Dez minutos despois foi Roberto Almeida o que marcou un gol moi bonito. Gran xogada de Roberto Dacosta no centro do campo, envio en profundadide a Adolfo na banda dereito e o gran centro do capitán ourensanista foi definido cun perfecto cabezazo polo media punta ourensanista.


Despois sucedéronse as ocasións de gol ante a porta de Abel, pero unhas veces o desacerto dos dianteiros locais e outras as boas paradas do porteiro do Peroxa evitaron o terceiro gol ata o minuto 44. Foi Xaco o que se internou no área e superou por baixo ao meta visitante. Destacar que Adolfo non tivo sorte dende o punto de penalti adiviñándolle o seu lanzamento o axil porteiro visitante.

O segundo tempo foi más aburrido. A Unión Deportiva Ourense tiña o balón pero a boa defensa visitante evitou que os locais crearon excesivo perigo ante a súa portería. So na recta final do encontro chegaron outros dous goles. Santi, como non, non faltou a súa cita co gol anotando o 4-0 no minuto 70 cun certeiro remate de cabeza. Pechou o marcador Chechu no minuto 87 resolvendo un bo contraataque levado por Santi e Roberto Dacosta.

O próximo domingo a Unión Deportiva Ourense visitará ao Ribadavia Atlético, nun dos partidos (a priori) máis complicados dos que lle restan nesta tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario