sábado, 9 de mayo de 2015

A polo pleno ante o Loureiro

Na primeira volta vitoria por 0-9

A Unión Deportiva Ourense está a un paso de facer historia. Primeiro foi o ascenso, despois o campionato e agora pode chegar o pleno: gañar os 28 partidos da Liga. O derradeiro obstáculo é o C.F. Loureiro. O domingo dende as 17,00 horas todos os ourensanistas temos unha cita coa historia.

Conseguir o pleno de triunfos sería a mellor homenaxe que se lle podería facer a Club Deportivo Ourense. Os bermellos xa lograron un pleno histórico. Foi na tempada 1967-68 cando gañaron os 30 partidos de liga no campionato de 3ª división. Unha xesta que se pode repetir gañando ao Loureiro no Couto. As categorías non son comparables pero en ningunha é doado facer un pleno de vitorias, calquera despiste pode acabar coa racha e hai que manter un nivel moi alto de concentración en tódolos partidos, algo que estos bravos xogadores da Unión Deportiva Ourense están a facer ao longo de todo o campionato.


Para esta histórica cita Antonio Dacosta contará co mesmo equipo que o domingo pasado goleou ao Palmés no Cruceiro por 0-5: Héctor; Julio Álvarez, Ramón Dacosta, Fabio, Lucas Nieto; Valderas, Diego Soto; Xaco, Roberto Almeida, Adolfo e Chechu. Completan a convocatoria Juan, Víctor, Roberto Dacosta, Julio Salgado e Santi. Según sen estar recuperados Fran Álvarez, Xurxo e Alberto.

O Loureiro ocupa a décima posición con 27 puntos. Fora da casa gañaron tres partidos (Castrelo de Miño, Os Chaos e Razamonde), empataron en Salamonde e foron derrotados en oito ocasións. No partido da primeira volta a Unión Deportiva Ourense conseguiu unha clara vitoria por 0-9 con goles de Adolfo (2), Julio Salgado, Roberto Dacosta, Roberto Almeida, Santi, Lucas Nieto, Fran Álvarez e un en propia porta.

Lembrar que ante o Loureiro estreárase o himno composto pola Coral de Ruada, que estará presente a Asociación Duchenne Parent Project para informar sobre esta enfirmidade e recaudar fondos para levar a práctica proxectos de investigación. E, por último, tamén se poderán facer novos socios e renovar os carnés de cara a tempada 2015-16.

No hay comentarios:

Publicar un comentario