viernes, 22 de mayo de 2015

A remontar ante o At. Arnoia: xuntos podemos


Entre todos a pola remontada
O sábado dende as 19,00 horas a Unión Deportiva Ourense afronta, quizáis, o partido máis importante da súa curta historia. Terá ante si a difícil misión de remontar o 1-0 encaixado na ida en Arnoia para lograr unha histórica clasificación para a final da Copa Deputación B. O que sería todo un éxito tratándose dun equipo de inferior categoría con respecto a todos os rivais que tivo ata o de agora.

Aínda que o gran obxectivo da tempada, o ascenso a 2ª Autonómica, xa está no peto, disputar a final da Copa Deputación no campo do Couto (a nosa casa) na primeira tempada da nosa historia e un reto moi bonito que todos os ourensanistas queremos acadar.

Non será fácil. O Atlético Arnoia, vixente campión do torneo, demostrou na ida que é un equipo forte, compacto e moi difícil de superar. Na Queixeira lograron unha vitoria por 1-0 que agora haberá que remontar no Couto, onde o apoio dos seareiros ourensanistas será vital para logralo.


Antonio Dacosta ten varias dúbidas que despexará no adestramento do venres pola tarde en Salesianos. Alí comproborá o estado físico de Fran Álvarez e Xaco. Se os dous están en condicións entrarán na convocatoria. Tamén haberá que comprobar o estado de Lucas Nieto que se retirou o sábado, no partido ante o Raio Alaricano, con molestias.

Se todo vai ben a convocatoria estaría formada por Adolfo, Chechu, Diego Soto, Fabio, Fran Álvarez, Héctor, Juan, Julio Álvarez, Julio Salgado, Lucas Nieto, Ramón Dacosta, Roberto Almeida, Roberto Dacosta, Santi, Xaco e Xurxo.

O once incial máis probable que salte ao Couto será o formado por Héctor na porta; Julio Álvarez, Xurxo, Ramón Dacosta e Lucas Nieto na defensa; Diego Soto e Roberto Almeida no centro do campo; Chechu pola dereita, Roberto Dacosta na mediapunta, Adolfo na esquerda e Julio Salgado na punta do ataque. En principio Fran Álvarez e Xaco partirán dende o banco se están recuperados das súas lesións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario