jueves, 2 de abril de 2015

Primeiro asalto copeiro ante o Peroxa


O xoves santo será testemuña do partido de ida dos cuartos de final da Copa Deputación B entre o Peroxa C.F. e a U.D.Ourense. Os homes de Antonio Dacosta terán a proba máis esixente da tempada ante o líder destacado, e case ascendido á 1ª Autonómica, do grupo noveno da 2ª Autonómica. Dos 28 partidos disputados tan só perdeu dous e empatou outros dous, os catro a domicilio. Anotaron 95 goles, encaixando 29. No seu campo do Marco mostranse intratables con 13 vitorias en 13 partidos no campionato de liga.

Na Copa tamén están arrasando. Na primeira eliminatoria machacaron a Os Chaos por 1-18. Na seguinte rolda golearon ao Barra de Miño no Marco por 5-0 e na última gañaron ao Arrabaldo a domicilio por 0-3. Uns números que impresionan e que lle dan ao Peroxa a vitola de favorito nesta eliminatoria.


A Unión Deportiva Ourense afronta con ilusión esta dura proba. Despois dunha gran campaña na 3ª Autonómica esperan refrendar unha tempada extraordinaria coa Copa Deputación B. O Peroxa será un rival moi duro pero loitarán ata o final por conseguir o pase ás semifinais.

Para este partido Antonio Dacosta non poderá contar co dianteiro Julio Salgado, aínda non recuperado da súa lesión. O que si estará será Roberto Almeida que volve a unha convocatoria unha vez recuperado da súa escordadura de nocello. Outra novidade con respecto ao equipo que xogou ante o Castrelo de Miño e volta ao once inicial de Ramón Dacosta, despois de descansar na xornada pasada.

O equipo inicial máis probable que salte ao campo do Marco será o formado por Héctor na portería; Julio Álvarez, Xurxo, Ramón Dacosta e Lucas Nieto na defensa; Fran Álvarez e Diego Soto no centro do campo; Xaco, Roberto Dacosta e Adolfo na media punta e Chechu como punta de lanza. No banco estarán o porteiro Juan, Alberto, Valderas, Roberto Almeida e Santi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario