domingo, 19 de abril de 2015

A polo título ao Carballiño

Santi celebra o gol do triunfo na primeira volta. Foto Iñaki Osorio - Faro de Vigo
A Unión Deportiva Ourense ten unha nova cita coa historia. Gañando hoxe en Espiñedo ao Spórting Carballiño acadará o primeiro campionato da súa curta vida. O partido comezará as 18,00 horas.

Con esa ilusión viaxan os homes de Antonio Dacosta. Pero non o terán fácil, nin moito menos. O Spórting Carballiño tamén se xoga moito no encontro. Están pelexando pola terceira praza que da dereito ao ascenso de categoría en dura pugna con Barra de Miño e Ribadavia Atlético.

Ademáis no partido da primeira volta, o último que se xogou nos Remedios, venderon moi cara a súa derrota. Un gol no tramo final do partido de Santi deu o triunfo á Unión Deportiva nun dos partidos máis complicados da tempada. 


Para afrontar este reto Antonio Dacosta non poderá contar con Lucas Nieto por problemas físicos, nin con Diego Soto por motivos persoais. Tampouco entra Víctor Arias na convocatoria, que segue sen recuperarse totalmente das súas doenzas.

Xa que logo o once inicial que saltará ao histórico campo de Espiñedo sufrirá varias modificacións. Na portería estará Héctor. Na liña defensiva varios trocos. Alberto xogará no lateral dereito e Julio Álvarez, xa de volta despois de non xogar ante o Cenlle, desplazarase ao esquerdo. No centro da zaga seguirá Xurxo, que desta volta estará acompañado por Fabio, con Ramón Dacosta no banco na súa volta a convocatoria. No centro do campo estarán Fran Álvarez e Roberto Almeido suplindo a Diego Soto. A zona atacante non presenta trocos con respecto ao partido da pasada xornada. Estarán Xaco e Adolfo nas bandas con Roberto Dacosta na mediapunta e na punta de ataque Chechu.

No banco, acompañando ao mencionado Ramón Dacosta, estarán o porteiro Juan, Valderas, José Ángel e Julio Salgado.

Ás 18,00 horas temos unha cita coa historia no campo de Espiñedo ante o Spórting Carballiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario