jueves, 21 de agosto de 2014

Comunicado sobre a utilización do escudo de Clube Deportivo Ourense polo antigo Ponte Ourense CF SAD




A Xunta directiva da Unión Deportiva Ourense lamenta e condena o uso fraudulento do escudo de Clube Deportivo Ourense nun cartel anunciador dun partido amigable entre o Club Lemos e o antigo Ponte Ourense C.F. S.A.D.

Nos estatutos da Unión Deportiva Ourense figura como un dos seus fins a defensa da memoria e da honra de Clube Deportivo Ourense, polo que non podemos deixar pasar por alto este ultraxe á súa memoria.

A algúns non lle abonda con trocar o seu nome para intentar suplantar a Clube Deportivo Ourense, senón que ademáis empregan os seus símbolos, unha práctica intolerable e que amosa a falta de ética para intentar facerse co legado deportivo e social de Clube Deportivo Ourense.

Aceptamos as disculpas ofrecidas polo Club Lemos, esperando que estos feitos non se volvan a repetir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario