viernes, 15 de agosto de 2014

A partires do luns teremos carpa para facerse socio ou abonado


A Unión Deportiva Ourense segue coa campaña de soci@s e abonad@s para esta tempada, a primeira de existencia do clube.

A vindeira semana, do luns día 18 ao venres 22 de agosto, a carpa estará situada na rúa Ervedelo do barrio do Couto, enfronte do colexio "Santo Ángel". A semana seguinte (do 25 ao 29 de agosto) trasladarase a rúa do Paseo, á altura da Subdelegación de Defensa (antigo Goberno Militar). O horario, en ambos casos, será das 18,00 ás 21,00 horas.

Lembramos que os que se fagan soci@s poderán conservar o número de soci@ que tiñan en C.D.Ourense, facendoo constar no impreso de soci@.

Informamos tamén da posibilidade de facerse soci@ ou abonad@ mediante ingreso na conta ES6720805263043040050654, do grupo Abanca.

Para que a Unión Deportiva Ourense se convirta no clube de referencia da cidade e da provincia compre o apoio dos afeccionados, un apoio que se ten que traducir en retirada de carnés de socios e abonados, só así podemos saír adiante. A forza deste novo clube ten que ser a dos seus seareiros, chegaremos onde vós queirades.

Prezos:

SOCIOS: 100 euros (os maiores de 16 anos terán voto na Asamblea, aínda que os menores desa idade tamén poderán facerso socios). Os que retiren o carné antes de finais de agosto serán socios fundadores. O prazo para facerse socio sen ter que presentar un aval doutro socio nin ter que ser aprobado pola Asamblea Xeral remata o 31 de outubro.

ABONADOS:

- Adulto maior de 25 anos: 30 euros
- Xubilados e maiores de 65 anos: 25 euros
- Desempregados: 15 euros
- Xoves entre 16 e 25 anos: 20 euros
- Menores de 16 anos e discapacitados cun grado maior do 65%: Gratis
- Carné familiar: Parella de adultos 50 euros. Cada fillo de 16 a 25 anos: 15 euros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario