domingo, 3 de agosto de 2014

Campaña de socios e abonados


Xa temos os prezos de socios e abonados para a tempada 2014-15, a primeira na historia da Unión Deportiva Ourense. Os socios, que pagarán 100 euros nos que vai incluído o abono para asistir aos encontros da Union Deportiva Ourense, serán os donos do clube e terán o dereito de asistir as asambleas e decidir o futuro e o camiño do clube mediante o seu voto, baixo a premisa dun socio un voto.

Tamén existe a posibilidade de facerse abonado do clube, o que lle permitirá asistir a todos os partidos que o equipo dispute na casa, tanto de Liga, Copa Deputación ou amigables. O abono de adulto será de 30 euros e o prezo das entradas para o público en xeral será de 5 euros. Pasamos a detallar os prezos para esta tempada:

SOCIOS: 100 euros (os maiores de 16 anos terán voto na Asamblea, aínda que os menores desa idade tamén poderán facerso socios). Os que retiren o carné antes de finais de agosto serán socios fundadores. O prazo para facerse socio sen ter que presentar un aval doutro socio nin ter que ser aprobado pola Asamblea Xeral remata o 31 de outubro.

ABONADOS:

- Adulto maior de 25 anos: 30 euros
- Xubilados e maiores de 65 anos: 25 euros
- Desempregados: 15 euros
- Xoves entre 16 e 25 anos: 20 euros
- Menores de 16 anos e discapacitados cun grado maior do 65%: Gratis
- Carné familiar: Parella de adultos 50 euros. Cada fillo de 16 a 25 anos: 15 euros.

Nos próximos días iremos informado do número de conta para poder facer o ingreso e dos lugares onde se instalará unha carpa para poder facerse socio ou abonado da Unión Deportiva Ourense.






No hay comentarios:

Publicar un comentario